EQUIPO DE DEBATE DE 2º DA ESO PARTICIPA NO TORNEO ESCOLAR "DEBATE.CON"

Emulando aos equipos do IES de Becerreá que participan no Parlamento Xove, alumnos/as de 2º da ESO (Elisa Pardo, Pablo Deiros, Samara Rodríguez, Miguel Mon, Yolanda Fernández e Johana Rodríguez) acudiron ao concurso de debate escolar "Debate.con", celebrado en Santiago de Compostela o sábado 7 de maio. En participacións anteriores, algúns dos equipos do noso centro resultaran vencedores do concurso, e este ano o resultado foi tamén moi positivo e prometedor para o futuro da participación no Parlamento Xove: quedaron clasificados en terceiro lugar, sendo o equipo coa maior puntuación de todos os participantes, o que fala claramente da competencia dos nosos alumnos e alumnas nesta disciplina.O equipo vencedor da presente edición foi o colexio S.E.K. Atlántico de Poio, e o tema de debate foi: "debe a Unión Europea poñer límites á inmigración?"

Nesta ocasión, o equipo estivo coordinado por dúas compoñentes do equipo de debate de 1º de BAC, Mabel e Andrea, actuais subcampionas do Parlamento Xove 2016 (os campións na modalidade de Bacharelato foron os seus compañeiros/as de 2º de BAC). Igual que nas participacións anteriores, a preparación do equipo correo a cargo do profesro Xulio Teixeiro. A todos/as eles, o noso recoñecemento ao seu esforzo e logros. Parabéns!!