Reunida a Comisión que outorga o Premio IES Becerreá á promoción da Lingua e Cultura galegas, logo de analizar as cinco candidaturas presentadas, tanto na modalidade de asociacionismo cultural como do ámbito da iniciativa privada, decidiu maioritariamente outorgar os premios á Asociación Cultural “A Pipa de Becerreá” (modalidade de asociacionismo cultural), polos 25 anos de intenso labor cultural que desenvolve na comarca a través do Certame Literario que promove desde 1990 e no que ten participado moitas xeracións de persoas da Comarca dos Ancares e de fóra dela. Tamén pola celebración de “As Noites Poéticas” desde o 1996, que trouxeron a Becerreá aos máis salientables persoeiros da cultura galega, dende Uxío Novoneira ou Manuel María, ata Manuel Rivas ou María do Cebreiro. Por estas e outras actividades, a Comisión decidiu outorgarlle o premio desta 1ª edición. |
|||