PROXECTO DE MELLORA DA BIBLIOTECA ESCOLAR DO INSTITUTO

Outra boa noticia para o centro, esta vez referida a nosa biblioteca: fomos incluídos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares que anualmente convoca a administración educativa.

Por fin, e despois dalgúns intentos anteriores, o noso proxecto de funcionamento da biblioteca, así como as distintas actividades que xa se desenvolven relacionadas co mundo do libro e da lectura, foron recoñecidos e valorados como merecedores desta inclusión no devandito Plan de Mellora para vindeiro curso. Isto supón que disporemos dunha dotación económica que ascende a 7.300 €, que se distinarán a sufragar gastos de mobiliario, dotación informática e fondos bibliográficos fundamentalmente. Nesta convocatoria, só acadamos esta inclusión no  Plan catro institutos da provincia de Lugo, o que nos dá unha idea clara da importancia e vantaxes de quedar incorporados a el.

Esperemos que isto, xunto coa colaboración de todos, axude a darlle á nosa biblioteca a importancia que realmente pode acadar nun entorno como no que se atopa o noso instituto.