TEATRO EN INGLÉS


 

Monday, 16 February 2009

1st Show: Robin Hood from 14:50 to 15:50, for 1st,

2nd and 3rd of ESO students. 

2nd Show: Teenage Kicks from 16:30 to 17:30, for 4th

of ESO, 1st of BAC & 2nd of BAC students.

 

O 16 de febreiro do 2009 o grupo de teatro británico Clever Pants representou no noso Instituto dúas obras cómicas tituladas Robin Hood e Teenage Kicks. Colin Reed, Francesca Binefa e Scott Besgrove déronnos toda unha lección teatral de interpretación e efectos especiais. Robin Hood, Marion Jones e o Shériff de Nottingham non semellaban as personaxes típicas da coñecida historia do home que roubaba para darlle aos pobres, senón que máis ben, este Robin Hood parecía moito máis vencellado aos tempos actuais, pois estaba ao corrente do que acontece coa xente famosa do século XXI.  Por outra banda, Teenage Kicks desatou máis dunha risada polo divertido que poden chegar a ser os prexuízos na etapa da adolescencia. Tanto a forma como vai un vestido e acicalado, como a capacidade para relacionarse co sexo oposto xogan un papel moi importante no éxito dun adolescente. Se o rapaz quere triunfar vai ter que despregar todas as súas técnicas para conquistar á rapaza, ou, se cadra resulta máis ben ao revés? En liñas xerais, as dúas representacións resultaron doadas, aínda que ao principio custou un pouquiño acostumarse ao acento dos actores procedentes de Inglaterra. Grazas á súa capacidade expresiva, ao vestiario, aos efectos especiais e ao feito de que o público fora parte da acción; o alumnado e o profesorado puideron gozar dunha tarde teatral chea de risas, inglés, e moita comunicación e entendemento empregando unha lingua allea.  Se queres ver unha selección de fotos da actuación, peme AQUÍ ou sobre a FOTO DE ARRIBA e poderás ver en imaxes isto que che contamos.