Skip to Content

Blogues

Instrucións fin de curso EOI e That's English

Veñen de publicarse as instrucións para a finalización do curso nas EOI así coma do curso That's English. Con respecto ao That's English sinálase que:

a) A avaliación do alumnado de That’s English que teña pendente algún dos módulos non conducentes a certificación farase a partir dos datos obtidos das actividades desenvolvidas por este ao longo do seu proceso de aprendizaxe.

b) No caso de que o profesorado non dispoña de datos suficientes para avaliar este alumnado, poderá realizar tamén, ao longo de mes de xuño, probas e actividades telemáticas que lle permitan obter unha cualificación, de acordo co punto 2 da instrución segunda. A recuperación dos módulos non superados realizarase no mes de setembro.

c) O alumnado dos módulos 4, 8 e 12 realizará as correspondentes probas de certificación nos calendarios que se establezan para a convocatoria ordinaria e extraordinaria, segundo se dispón no punto 3 da instrución terceira.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

No DOG do día 19 de maio de 2020 publícase a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

Prazo de solicitude: remata o 19 de xuño de 2020 (incluído).

Para ter acceso á Orde (co impreso de solicitude) pinche aquí.

Calendario de exames online e entrega de traballos de pendentes

O alumnado con materias pendentes poderá consultar aquí as distintas datas da realización de exames online ou de entrega de traballos. 

Prazo de solicitudes de admisión de alumnado

Restablécese o prazo de solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020-21, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio e rematará o día 18 de maio.

Admisión 2020-21  Prazos
Presentación de solicitudes Do 11 ao 18 de maio
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo Ata o 26 de maio
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido Antes do 9 de xuño
Reclamacións das listaxe 3 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación
 Publicación das listaxes definitivas Ata o 26 de xuño
Formalización da matrícula ordinaria en ESO e Bach Do 1 ao 10 de xullo 
Prazo extraordinario  Do 1 ao 10 de setembro

Horario de atención presencial ás familias de 10:00 horas a 13:00 horas.

Horario de atención telefónica de 9:30 horas a 13:30 horas.

Medidas de protección obrigatorias para acceder ao centro:

  • Distanciamento social de 2 metros.
  • Uso de mascarillas

Lembrade revisar as indicacións académicas durante o peche do centro.

O alumnado do IES Agra de Raíces poderá consultar as indicacións dos profesores para continuar coa evolución académica das diferentes materias durante o período en que o centro permaneza cerrado. Para elo, deberase facer clic na ligazón do departamento correspondente á materia que se desexe buscar e consultar alí a información. 

A información poderá actualizarse, polo que se recoménda consultar estas ligazóns de cando en vez.

Castelán Ciencias Naturais Ciencias Sociais
 Debuxo  Economía  E.F.
 Filosofía/Valores  Física e Química  Francés
  Galego  Latín e Grego  Inglés
 Matemáticas  Música  Relixión
 Ciclo Sanitaria  Tecnoloxía  Orientación


 Notas: 1. Revisade as datas dos contidos por se houbera entradas de cursos anteriores.

Información de interese sobre o programa That's English

No día de onte publicouse unha normativa que afecta ao programa That's English.

Tamén podedes consultar a información sobre as datas de exame da EOI Coruña.

O Club de Lectura Libros Coma Area! convidado a participar no Congreso Internacional “Leer. Iberoamérica Lee"

     

O proxecto do curso 2018-19 do Club de Lectura Libros Coma Area! desenvolvido polo grupo Arroases de Estorde formado polo alumnado Helena García Riesgo, Lois Fraga, Miguel Ángel Iglesias García, Bianka Berenice Paula Ureña, Miguel Quintáns , Xiana Lago e Mateo Pérez Soto e coordinado pola profesora Mercedes Teijeiro Gato do IES Agra de Raíces, foi seleccionado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares para participar, en representación dos Clubs de Lectura de Galicia no Congreso Internacional ” Leer. Iberoamérica Lee” que se celebrará en Madrid no marco da Feria del Libro.

Trátase dun encontro entre profesionais da xestión lectora e da escritura que permitirá a reflexión sobre a lectura crítica, ademais de crear un laboratorio cooperativo de ideas . A pregunta que servirá de punto de inflexión para o desenvolvemento deste evento é a seguinte: "Existen lectores á marxe?" Arredor desta inquietude, organízanse as distintas intervencións que terán lugar neste congreso: a invisibilidade das outras persoas, as voces da literatura, a lectura na sociedade superpoboada, poéticas e oralidades, outros espazos de lectura, os movementos a prol da lectura, a literatura como porta para a construción de identidades, ou os distintos lectores, lectoras e lecturas. 

Neste último bloque que estará dirixido polo escritor Freddy Gonçalves participará Mateo Pérez Soto (4º A ESO). Xunto con outras compañeiras de Uruguay, México e Brasil, Mateo, como representante dos Clubs de Lectura de Galicia, trasladará os seus coñecementos, a súa opinión e a súa experiencia sobre as lecturas e os lectores e lectoras que o movemento emerxente dos clubs de lectura está a promover. 

O diario Que pasa na Costa, tamén se fai eco desta nova, no día de hoxe.

Deixámosvos tamén unha ligazón ao instagram de Libros Coma Area!

Comunicacións durante o período non lectivo

Informamos que ata o día 14 de abril, día no que remata o período non lectivo de Semana Santa, a atención ao público farase unicamente a través do enderezo electrónico ies.agra.raices@edu.xunta.gal, e sempre e cando as xestións solicitadas non poidan realizarse despois da data sinalada. 

Agradecemos a comprensión.

Boas vacacións.

Encontros virtuais da USC cos estudantes

Durante os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa) os estudantes que o desexen poderán contactar por Videoconferencia, nas horas que están indicadas na páxina Web, con profesores das distintas titulacións da USC, utilizando as ligazóns establecidos a tales efectos.

Información sobre a 2ª avaliación

De acordo coas novas instrucións publicadas no portal educativo o día 27 de marzo realizarase a 2ª avaliación antes do venres 3 abril. 

 

O noso centro cerrará a avaliación do alumnado o mércores 1 de abril, día no que a partir das 11:00 h se realizará a entrega telemática dos boletíns ás familias. A canle preferente de comunicación será Abalar Familias. Se non dispoñen desta aplicación para o móbil, poden descargala e rexistrarse, de xeito sinxelo, seguindo as seguintes instrucións.

 

Pregamos a aquelas familias que teñan problemas coa descarga e/ou instalación de Abalar Familias nos seus dispositivos móbiles, remitan un mail ao correo do centro (ies.agra.raices@edu.xunta.gal) ou chamen ao teléfono do centro (881 880 486) en horario de 10 h a 13 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut