Prazo de solicitudes de admisión de alumnado
Restablécese o prazo de solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020-21, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio e rematará o día 18 de maio.
Admisión 2020-21 | Prazos |
Presentación de solicitudes | Do 11 ao 18 de maio |
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo | Ata o 26 de maio |
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido | Antes do 9 de xuño |
Reclamacións das listaxe | 3 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación |
Publicación das listaxes definitivas | Ata o 26 de xuño |
Formalización da matrícula ordinaria en ESO e Bach | Do 1 ao 10 de xullo |
Prazo extraordinario | Do 1 ao 10 de setembro |
Horario de atención presencial ás familias de 10:00 horas a 13:00 horas.
Horario de atención telefónica de 9:30 horas a 13:30 horas.
Medidas de protección obrigatorias para acceder ao centro:
- Distanciamento social de 2 metros.
- Uso de mascarillas
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B-Solicitude galego.pdf | 984.18 KB |