Skip to Content

Castelán

Indicacións académicas durante o peche do centro.

Nota inicial: Adáptase a programación didáctica do departamento para o terceiro trimestre do curso 2019/2020.

1º ESO: 

  • Tarefas 16-27 de marzo de 2020: A súa profesora, Montse Vila, encomenda aos estudantes a realización dunha serie de actividades do libro de texto que figuran no documento adxunto. En dito documento, aparecen tamén varios avisos e explicacións que os alumnos han de ter en conta para a elaboración dos exercicios, a revisión da libreta e a planificación dos exames e entregas que quedaron sen facer. Para aqueles que non teñades o libro na casa, pinchade aquí ou consultade o libro dixital de Vincens Vives. Para dúbidas, contactar coa profesora no seguinte enderezo: mvcacheda@gmail.com
  • Corrección tarefas 16-27 de marzo de 2020
  • Tarefas 30 marzo- 03 abril de 2020: fai clic aquí.
  • Corrección das tarefas do 30 de marzo ao 3 de abril, e novos avisos.

 

2º, 3º (véxase nota aclaratoria), 4º ESO e 1º Bacharelato. 

As profesoras dos respectivos cursos poranse en contacto co alumnado matriculado nos mesmos a través da aula virtual, enviándolles por esta plataforma a partires do luns, 16 de marzo, todas cantas indicacións, temas e actividades sexan necesarios para o correcto avance do curso durante o tempo que dure o peche dos centros educativos. 

 

2º Bacharelato:

O alumnado debe realizar a lectura da última obra obrigatoria do curso (El lector de Julio Verne, de Almudena Grandes) e revisar os apuntamentos que xa teñen no seu poder, así como a antoloxía de textos que a profesora lles proporcionou. Se o período de peche se prolonga máis, Montse Vila porase en contacto con eles a través da aula virtual para enviarlles novas instrucións e tarefas. 

 

Nota aclaratoria: Para os cursos 3º ESO A/B: En caso de ter problemas para acceder á aula virtual, por favor contactade coa profesora (Lara Trillo) mediante o correo electrónico. Na aula virtual, estruturarase a materia en bloques e pautarase un calendario para realizar as distintas actividades, que coincidirán cos días nos que tiñades clase desta materia.

Distribuir contido


by Dr. Radut