Skip to Content

A TRADICIÓN PESQUEIRA

As mulleres do mar

Cando pensamos nas mulleres do mar pensamos en redeiras e mariscadoras. Tamén nas traballadoras das conserveiras. Todas elas teñen traballos pouco valorados, duros e moitas veces mal pagados. Queremos facer aquí un percorrido por estes oficios para render unha pequena homenaxe á todas as mulleres do mar.

Actividade baleeira

Unha das actividades que tiveron especial relevancia na zona da Costa da Morte e en particular en Cee, foi a baleeira. Xa desde moito tempo atrás, a caza da balea aparece referenciada nos escritos da historia. Pero é no século XX e a raíz da instalación dunha factoría baleeira en Caneliñas, cando esta actividade colle o seu máximo auxe. Os abusos nas capturas, a esquilma das poboacións de cetáceos e a presión dos grupos ecoloxistas que queren preservar as especies, fan que a finais da década dos oitenta do século pasado, a industria baleeira entre en decadencia e a única factoría que queda neste lugar de Cee, bote o peche.

No adxunto "Actividade baleeira" fai un estudo da caza da balea na Costa da Morte e tamén un percorrido pola historia da factoría de Caneliñas, desde o inicio ata o cese da actividade e posterior peche.

Actividade baleeira

Unha das actividades que tiveron especial relevancia na zona da Costa da Morte e en particular en Cee, foi a baleeira. Xa desde moito tempo atrás, a caza da balea aparece referenciada nos escritos da historia. Pero é no século XX e a raíz da instalación dunha factoría baleeira en Caneliñas, cando esta actividade colle o seu máximo auxe. O abusos nas capturas, a esquilma da poboación baleeira e a presión dos grupos ecoloxistas que queren preservar as pouca poboación de cetáceos que quedan no mar, fai que a finais da década dos oitenta do século pasado, a industria baleeira entre en decadencia e a única factoría baleeira que queda neste lugar de Cee, bote o peche.

Salgaduras e industria conserveiras

A maior parte da industria que existiu e existe na Costa da Morte é Muros está vinculada ao mar. A pesca, foi unha fonte de ingresos para os habitantes desta zona durante moito tempo, pero desde o século XIX, a transformación dos productos do mar centrou a actividade industrial destas vilas. Ainda que as crises fixeron que a maior parte das conserveiras botase o peche, a do  día de hoxe queda algunha que mantén a súa actividade cunha importante produción anual e dá traballo ás xentes da zona, maioritariamente mulleres.

No adxunto "Salgadeiras e conserveiras desde Camariñas a Muros" faise un repaso histórico da fábricas de salgadura desde a súa aparición ata a decadencia e total desaparición. Así tamén se mencionan as máis importantes familias que puxeron en funcionamento estas empresas e como fixeron a transformación á industria conserveira cando as salgaduras deixaron de ser produtivas. Remátase o estudo coa situación actual da industria da conserva.

Nos adxuntos "IMG_***.JPG" móstranse fotografías sacadas aos restos de salgaduras, conserveiras e almacéns que nalgún momento tiveron unha actividade empresarial importante.

Localización xeográfica

En toda a zona entre Camariñas e Muros ata Esteiro,instaláronse entre o século XIX e a actualidade, primeiro industrias de salgadura e posteriomente, industrias da conserva. As industrias de salgadura desapareceron a principios do século pasado e as industrias conserveiras apenas queda algunha.

As salgaduras estaban ubicadas maiormente en Esteiro, Muros, Louro, Lira, Caldebarcos, Cee e Corcubión. E as industrias conserveiras, algundas delas postas en marcha polas mesmas familias que anteriormente posuíran salgaduras, estaban localizadas principalmente en Esteiro, Muros, Corcubión e Camariñas.

En Muxía aínda quedan os restos dos secadoiros de congro que tiveron unha actividade moi importante no pasado.

No seguinte enlace podemos ver as vilas e localidades citadas: https://www.google.es/maps/@42.9386533,-9.267158,10.25z

Embarcacións pesqueiras

O home botouse ao mar, e para iso tivo que construír embarcacións. Estas embarcacións foron cambiando e mellorando ao longo da historia, unha vez que a pesca pasou de subsistencia a medio de vida. Pero as embarcacións tradicionais galegas non son todas iguais, cada zona perfilou as súas embarcacións en función das necesidades que xurdían e das dificultades que o mar presentaba.

No adxunto "Tipos de embarcacións" faise un repaso das embarcacións tradicionais da Costa da Morte e Muros.

Nos adxuntos "IMG_****.JPG" aparecen fotos recollidas nun dos portos da zona, de distintas embarcacións que faenan hoxe en día nos nosos mares.

 

 

A industria da salgadura e da conserveira

Na Costa da Morte e sobre todo en Muros, a industria da salgadura e as conserveiros foron un pilar fundamental na economía da zona. 

A continuación imos facer un percorrido pola historia desta industria e algunhas das empresas e familias máis representativas do sector.

Artes de pesca

Desde que o home se foi facendo mariñeiro, foiSd experimentando e buscando diferentes maneiras de recoller os peixes e mariscos; coa experimentación, foi creando e perfeccionando as artes de pesca. Nunha palabra, vai aprendendo cales son as mellores maneiras de apoderarse dos recursos pesqueiros coa máxima rendibilidade e o mínimo esforzo, así van nacendo as distintas artes de pesca.

No ficheiro adxunto "Artes de pesca" recóllense as artes de pesca tradicioonais da comarca e as que se foron introducindo ao longo do tempo.

Aparecen unhas fotos de distintas artes de pesca no porto de Muros, un dos portos da zona con maior actividade pesqueira.

 

 

Para máis información, ver enlace

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut