Skip to Content

Novas

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 23-24

No DOG do día 19 de maio de 2023 publícase a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

O IES Agra de Raíces está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), polo tanto, o  alumnado está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo: remata o 21 de xuño de 2023 (incluído)

Para consultar a orde (co impreso de solicitude) pincha aquí.

Recollida de títulos de ESO e Bacharelato 2021

O alumnado que rematou os seus estudos de ESO ou Bacharelato no curso 2020-2021 pode pasar a recoller os títulos correspondentes na Administración do IES Agra de Raíces en horario de 09:00h a 13:00h presentando o seu DNI. 

No caso de que o titular non puidese vir recoller a documentación, poderá autorizar a outra persoa no seu lugar. Para iso, deberá traer cuberto e asinado o impreso adxunto.

AVISO URXENTE AO PROFESORADO DO CADP CON DESTINO NO IES AGRA DE RAICES DE CEE

Pregamos ao profesorado do CADP con destino no Ies Agra de Raíces,  se poñan en contacto con nós, tan pronto sexa publicada a resolución definitiva do concurso, a través do correo electrónico do centro : ies.agra.raices@edu.xunta.es .

A nosa intención é realizar o claustro da distribución horaria  por departamentos o día 1 de setembro, pero para iso necesitamos os vosos correos electrónicos e así,convocarvos. Tendo en conta que este ano o curso iníciase antes, necesitamos tempo para realizar os horarios (o cal é imposible sen ter o reparto de horas).

Moitas grazas pola vosa comprensión.

Bo verán :-)

LIBROS DE TEXTO 22-23

Xuntamos a relación de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2022-23. Lembramos que na ESO non haberá libros de texto, agás os cadernos de traballo das linguas estranxeiras.

 

Recollida dos vales para a adquisición de material para o curso 2022-23

Xa están a disposición da comunidade educativa do centro as listaxes de admitidos e excluídos para a obtención dos vales destinados á adquisición de material escolar. Poden consultarse no taboleiro de anuncios do instituto ou chamando por teléfono ao centro.

Ditos vales entregaranse ás persoas solicitantes ou titores legais dos alumnos/as, desde o 7 de xullo ao 22 de xullo (ámbolos dous incluídos), en horario de 10h a 13h.

En setembro abrirase un novo prazo para as persoas que non puidesen recollelos durante o mes de xullo. Será do 2 ao 7 de setembro, en horario de 10h a 13 h.

Unha vez comezado o curso , deberán concertar cita previa para a recollida.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

No DOG do día 18 de maio de 2022 publícase a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

O IES Agra de Raíces está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), polo tanto, o  alumnado está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Prazo: remata o 22 de xuño de 2022 (incluído)

Xuntamos ficheiro coas instrucións .

Para consultar a orde completa (co impreso de solicitude: Anexo I e II) pinche aquí.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-22

Xuntamos a relación de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2021-22. Lembramos que na ESO non haberá libros de texto, agás os cadernos de traballo das linguas estranxeiras.

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

No DOG do día 20 de maio de 2021 publícase a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

O IES Agra de Raíces está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2021/22, polo tanto, o  alumnado está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Prazo: remata o 22 de xuño de 2021 (incluído)

Para consultar a orde (co impreso de solicitude) pincha aquí.

ADIADAS AS ELECCIÓNS DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

En base á Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, queda adiada a celebración de eleccións para a renovavión dos membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Hoxe, día 14 de setembro, publicouse a listaxe definitiva de admitidos do fondo solidario de libros de texto. Poden consultar a mesma no taboleiro de anuncios do instituto (horario de 10:00 a 12:00). Asemade, as persoas solicitantes tamén o poden consultar a través da aplicación Fondolibros, usando a chave 365 ou o certificado dixital da FNMT.

Na listaxe aparece a relación de libros de texto outorgados a cada alumno/a.

Distribuir contido


by Dr. Radut