Skip to Content

Novas

NOTA INFORMATIVA SOBRE O HORARIO DO CENTRO NOS MESES DE XULLO E AGOSTO

 

 

Durante o mes de xullo o horario de atención ao público do centro será de 9.30 h a13.30h.

Durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado; soamente se atenderán urxencias a traves do correo do centro. Para calquera consulta ou dúbida, pódese empregar o enderezo de email: ies.agra.raices@edu.xunta.es

 

 

 

 

COMIDA PROFESORADO

Dende o Agra queremos desexar a toda a comunidade educativa unhas boas vacacións de verán.

 

Non poderíamos rematar este curso sen agradecer a extraordinaria labor de todo o profesorado que formou parte do claustro, para elo organizouse un xantar delicioso. Aquí van algunhas fotos dos que poideron asistir.

 

PREMIOS MELLORES EXPEDIENTES 2018/2019

O pasado 25 de xuño, celebramos o acto de entrega de Premios aos Mellores Expedientes da ESO e 1º BACH, en recoñecemento ao mérito, o esforzo e a constancia duns alumnos e alumnas que demostraron ser brillantes ao longo de todo o curso.  Os premiados foron os seguintes:

1º ESO: Carla Martínez Castreje

2º ESO: Lucía López Ovies

3º ESO: Mateo Pérez Soto

4º ESO: Sabela Lema Riveiro

1º BACH: Andrea Rodríguez Mouzo

Tamén tivo lugar a entrega de diplomas aos participantes e gañadores no concurso de Lóxica e Matemática que se ven desenvolvendo ao longo de todo o curso.

Ao acto, presidido pola Directora Belén Pais e dirixido polo Vicedirector Miguel Blanco, asistíu en representación das firmas colaboradoras (ES. Bazarra, CC. Finisterrae, Fersi, Mestura, Ler e Cabo Sport) o xerente da E.S. Bazarra de Cee, D. Julio C. Domínguez.  A entrega de premios rematóu cunha actuación musical de música popular galega a cargo dos alumnos do centro Paula Vilela, Sara Sambad e Abel Vilela, que puxeron o punto e final ao curso cós seus arreglos para pandeireta e 3 voces de varios temas tradicionáis.

Parabéns a todos e boas vacacións!

Imaxe dos Mellores Expedientes acompañados da Directora e o Vicedirector

Os participantes e gañadores do Concurso de Lóxica e Matemática acompañados dos profesores Sergio Novoa e José Lago

Paula Vilela, Sara Sambad e Abel Vilela en plena actuación final

MATRÍCULA CURSO 2019-20

O mércores 26 de xuño comeza o prazo de matrícula para o curso 2019-2020. Pódense consultar os días asignados a cada curso e a documentación que hai que achegar aquí. Tamén pódense descargar os impresos de matrícula por curso.

AVISO

Este venres 21 de xuño remata o curso. Teremos clase ata as 12:00. Haberá servizo de transporte. O alumnado de 2º Bach poderá recoller as notas ás 13:30 dese mesmo día.

As notas da ESO e 1º Bach entregaranse o martes 25 de xuño ás 10:30. Este día non haberá servizo de transporte.

Bo verán a todos os membros da comunidade educativa.

INSTRUCCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA ABAU

A continuación tendes o enlace para revisar as instruccións  para a realización das probas da ABAU 2019.

 

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2019-20.

No DOG do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

Prazo: remata o 21 de xuño de 2019 (incluído)

Para consultar a orde (co impreso de solicitude) pincha aquí.

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE. ABAU - 2019

Alumnos/as QUE APROBARON 2º DE BACHARELATO.

Imprescindible solicitar antes o Titulo de Bacharelato.

PRAZO: 23, 24 e 27 de MAIO.

HORARIO: De 10:00 h. a 13:00 h.

LUGAR: Na secretaría do centro.

DOCUMENTACIÓN: Fotocopia do D.N.I., e libro de familia numerosa en vigor se é o caso.

TARIFAS: 63,67€ matrícula ordinaria; 31,84€ familia numerosa.

 

Encher o impreso e aboar as taxas en Abanca ou no Banco de Santander Central Hispano na conta que se indica.

SOLICITUDE TÍTULOS DE BACHARELATO - 2019

Deberán solicitar o Título os/as alumnos/as que aproben 2º de Bacharelato. Requisito indispensable para poder matricularse nas probas de acceso á Universidade.

DATA: 23, 24 e 27 de MAIO

HORARIO: DE 10:00 h. a 13:00 h.

LUGAR: Na secretaría do centro.

DOCUMENTACIÓN: Fotocopia do D.N.I., Libro de familica numerosa en figor, se é o caso.

IMPORTE A INGRESAR: Tarifa normal: 51,65€; Familia numerosa categoría xeral: 25,85€

 

AVISO

O centro permanecerá pechado do 15 ao 22 de abril por vacacións de Semana Santa. Para calquera comunicación, poden facela a través do correo electrónico ies.agra.raices@edu.xunta.es. Grazas

Distribuir contido


by Dr. Radut