Skip to Content

Novas

Concurso para a contratación do servizo de cafetería do centro

A instrución 7/2017 do 30 de Maio de 2017 regula a contratación do servizo de xestión da cafetería dos centros docentes non universitarios dependentes da consellería de educación. Segundo isto, se alguén está interesado en facerse cargo deste servizo de cafetería pode ver as bases na seguinte ligazón: instrucións para contratación da cafetería.

Sinalar como punto relevante o apartado 1.3 destas instrucións onde se reflicte que: o prazo de duración non pode ser superior a un ano nin pode ser obxecto de prórroga, polo que a citada contratación realizarase polo curso 2017/18.

O prazo de presentación de propostas será dende o 14 ao 21 de xuño, ambos os dous inclusive.

ESTABLECEMENTO DO CANON MÍNIMO

1.1. Horario diario primeiras 4 horas. Cada hora ou fracción por 40 €

4x40 =160€

1.2. Cada hora a partir da 5ª hora multiplicarase por 10€

2,4x10=24€

1.3. Usuarios: alumnado matriculado, profesorado e persoal non docente(multiplicarase por 0,40)

(400 alumnos/as+40 profesores+3 P. Non docente)x0,40=444 x0,40 =177,2 €

TOTAL CANÓN MÍNIMO ESIXIBLE= 160+24+177,2= 361,2 €

 

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

                                                                    - Inventario Cafetería

                                                                    - Especificacións técnicas

Convocatoria dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17.

CONVOCADOS OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO RENDEMENTO ACADÉMICO CORRESPONDENTES AO CURSO 2016/2017. Orde do 23 de maio de 2017. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, do día 8 de xuño de 2017 e rematará o día 7 de xullo de 2017. Vai dirixido a aqueles alumnos/as que teñan obtido no conxunto dos catro cursos da ESO unha nota igual ou superior a 9.

Para máis información prema aquí: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170607_premios_eso.pdf

HISTORIALES ACADÉMICOS DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO

HISTORIALES ACADÉMICOS  DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO

O alumnado de 2º de Bacharelato que superou o curso na convocatoria ordinaria de maio, pode pasar pola administración do centro a partir do xoves 01 de xuño a recoller o seu historial académico.

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Prazo: remata o 23 de xuño de 2017 (incluído)

 

ENLACE WEB CONSELLERÍA  coa Orde e impreso de solicitude (Anexo I)

 

 

CORRELINGUA

O alumnado do IES Agra de Raíces participou no día de onte, luns 8 de maio, na Correlingua, carreira que se celebra nos días previos o día das letras galegas e no que se reivindica o uso do galego. O lema deste ano era "un galego sen cancelas". O noso centro xunto co IES Xelmirez I  e o IES Xelmirez II obtivo un dos premios pola súa animación durante o evento.  Ver noticia en  "La voz de Galicia"

Premios extraordinarios de bacharelato

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/2017

VER INFORMACIÓN

LISTADO DE ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2017/18

Pódese consultar o listado de alumnos e alumnas,procedentes de centros non adscritos, que están admitidos para o vindeiro curso 2017/18 na seguinte ligazón: Listado de admitidos/as

Queremos lembrar que os alumnos e alumnas procedentes de centros adscritos (CEIP Eugenio López e CEIP Santa Eulalia de Dumbría) que reservaron praza no noso centro xa a teñen garantida por dereito.

 

Dase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir da publicación do listado de admitidos, para poder reclamar.

Os Prazos de Matrícula serán:

 - Do 25 ao 10 de Julio  para a matrícula Ordinaria.

 - Do 1 ao 10 de Setembro para a matrícula Extraordinaria

De tódolos xeitos, estes prazos serán concretados máis adiante, establecendo o centro uns días especificos para a matrícula de cada curso.

Se unha vez finalizado o prazo de matrícula non se houbese formalizado a mesma, darase por decaído o dereito a praza obtida

 

INTERCAMBIO FRANCÉS

O alumnado de Francés de 3º e 4º ESO, estivo entre o 29 de marzo e o 5 de abril realizando un intercambio co  Lycée Saint Sauveur de Redón, na Bretaña Francesa. Foron un días moi proveitosos para o noso alumnado, xa que ademáis de convivir e practicar a lingua Francesa cos seus compañeiros do Lycée Saint Sauveur de Redón, realizarón múltiples visitas e excursións polos lugares máis representantivos da zona, ademáis da obrigada visita a París. Sen dúbida, uns días inesquecibles para todos e todas.       

 

 

 

 

 Ver Noticia en "quepasanacosta.gal"

 

 

 

 

VACACIÓNS SEMANA SANTA

Este venres 7 de abril, último día lectivo antes de  Semana Santa, teremos xornada reducida, o que implica que as clases rematarán as 12:00 horas. Polo tanto o horario do transporte escolar tamén se modificará ese día para poder recoller ao alumnado no centro ás 12:00 horas.

 

SEMANA CULTURAL

             

                                               

Chega de novo a semana cultural ao IES Agra de Raíces, este ano dende o 3 ao 7 de abril, onde o alumnado de todos os niveis participarán en diferentes talleres, coma os obradoiros que ofrece ASPADEX sobre enmarcación, encuadernación e bolsas, os obradoiros científicos do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da Coruña, obradoiros de medio ambiente con SOGAMA, sesións deportivas con ITF Fisterra e Dafit, un concerto de música, un trivial confeccionado polos alumnos, a proxección do filme “matar a un ruiseñor” cun debate posterior, visitas a BAZARRA e a Fundación Fernando Blanco, charlas con escritores galegos (Jorge Mira, Maria Canosa, Anton Riveiro Coello, Andrea Maceira, Fernando Cimadevila) con organismos publicos (SEPRONA, APEM, proteccion civil, Instituto Galego de Consumo, plan proxecta (Proxecto TERRA, charlas da universidade de Santiago e Coruña
·         Vacinas para o cancro de Oscar Cordero Santamaría
·         Para que serve o urbanismo de Cándido López González
·         As enerxías do mar de Vicente Diaz Casás
·         Podemos falar cas computadoras? Sobre as tecnoloxías linguisticas de Margarita Alonso Ramos
·         Deseño para o outro 90%. Dispositivos baseados na aplicción de conceptos b´sicos de termodinámica de                    Maria pilar Brocos Fernández
·         As matemáticas e as súas aplicacións de Miguel Brocos

E un longo etcétera.

Ver Vídeo

Distribuir contido


by Dr. Radut