Skip to Content

Blogues

Información sobre a 2ª avaliación

De acordo coas novas instrucións publicadas no portal educativo o día 27 de marzo realizarase a 2ª avaliación antes do venres 3 abril. 

 

O noso centro cerrará a avaliación do alumnado o mércores 1 de abril, día no que a partir das 11:00 h se realizará a entrega telemática dos boletíns ás familias. A canle preferente de comunicación será Abalar Familias. Se non dispoñen desta aplicación para o móbil, poden descargala e rexistrarse, de xeito sinxelo, seguindo as seguintes instrucións.

 

Pregamos a aquelas familias que teñan problemas coa descarga e/ou instalación de Abalar Familias nos seus dispositivos móbiles, remitan un mail ao correo do centro (ies.agra.raices@edu.xunta.gal) ou chamen ao teléfono do centro (881 880 486) en horario de 10 h a 13 h.

Concurso no Instagram do Club de Lectura "Que estás a ler?"

Durante estes días de confinamento nos nosos fogares por mor da ameaza que supón o Coronavirus, o club de lectura Libros coma area! propón incrementar o noso caudal de lecturas. É este un bo momento para dedicar parte do noso lecer a achegarnos a todas aquelas obras que tiñamos na recámara, esperando a dispor de tempo suficiente para lelas. Por iso, o noso club de lectura acaba de activar en Instagram (@libroscomaarea) un concurso que leva por título "Que estás a ler?" Animádevos a participar nel, contándonos que obra ou obras estades a revisar na actualidade. Accedede á nosa conta de Instagram para coñecer todos os detalles e ver as bases do concurso. Haberá premio...

Contidos académicos na televisión pública

Queremos dar difusión á parrilla académica que se vai a emitir na televisión pública durante o período de confinamento. Unha ferramenta máis para traballar contidos académicos. 

Lembrade tamén, que debedes revisar se se actualizou a información das diferentes materias na seguinte entrada.

Doazón de material sanitario

O IES Agra de Raíces doou ao Hospital Virxe da Xunqueira en Cee, todo o material sanitario do que dispuña o Ciclo Formativo de Coidados Auxiliares de Enfermería. Dende a Dirección do centro queremos agradecer publicamente ao profesorado que imparte aulas neste Ciclo a súa colaboración no traslado do material.

Información oficial da CiUG

Ante a chegada de novas información sobre as probas ABAU para este curso 2019/2020, queremos lembrar ao alumnado que unicamente consulten e tomen como oficial a información que aparece na páxina web da CiUG, https://ciug.gal/gal

Indicacións académicas durante o peche do centro.

Nota inicial: Adáptase a programación didáctica para o terceiro trimestre do curso 2019/2020.

1º, 2º e 3º ESO: 

  • 2º Trimestre:
  • 3º Trimestre:
    • O alumnado de Educación Física de 1º, 2º e 3º ESO deberá ir realizando as actividades que conteñen este documento ao longo do 3º trimestre. 

4ºESO: 

Establecerase contacto profesor-alumnos vía telemática para dar as indicacións.

1ºBAC:

Establecerase contacto profesor-alumnos vía telemática para dar as indicacións.

Indicacións académicas durante o peche do centro.

Nota inicial: Adáptase a programación didáctica para o terceiro trimestre do curso 2019/2020.

  • PROFESOR: TOMÁS MANUEL PORTEIRO ABUÍN

Os alumnos de Economía (4ºESO, 1ºBAC A, 2º BAC), FuAX (2ºBAC),INAE (4ºESO) recibirán as indicacións para o seguimento das materias a través de Google Drive, como ven sendo habitual.

Para calquera dúbida ao respecto, poden dirixirse ao correo electrónico: tomas.economia.secundaria@gmail.com

  • PROFESOR: ALEJANDRO SANMARTÍN FERNÁNDEZ

Os alumnos de Economía de 1º BAC B recibirán as indicacións para o seguimento da materia a través de Google Drive, como ven sendo habitual.

 

Indicacións académicas durante o peche do centro.

Nota inicial: Adáptase a programación didáctica para o terceiro trimestre do curso 2019/2020.

  • Instruccións para o alumnado de 1º e 2º ESO

Debes facer as seguintes tarefas. Para elo debes traballar os Elementos da linguaxe visual. Tes tamén algún exemplo da actividade 1.

Nota: Dada a confusión que está a haber coa entrega das tarefas, aí vai unha pequena aclaración:

1.  Preferiblemente empregarase o curso virtual para subir os vosos exercicios.  Para elo tedes unha axudiña no seguinte enlace a un video explicativo de como facelo: 

https://www.youtube.com/watch?v=YAcBOg0mcZQ

2.  De resultarvos imposible pola anterior canle, os exercicios deberedes envialos ao seguinte enderezo electrónico:  debuxoraices@gmail.com

 Ánimo e xa veredes como enseguida lle colledes o tranganillo! 

  • PROFESORA: MIRTA PEQUEÑO GONZÁLEZ

O alumnado que cursa as materias de Debuxo Artístico (1ºBAC, 2ºBAC), Debuxo Técnico (1º BAC, 2º BAC) e EPeV (4º ESO) recibirán as pautas de traballo para estos días a través do correo electrónico.

Horario e modalidade de atención ao público durante o peche do centro

Informamos de que, seguindo as instrucións das autoridades, o horario para a atención ao público durante o período que dure o peche dos centros educativos será de 10 h a 13 h de luns a venres. Esta atención farase por vía telefónica (881880486) ou a través do correo electrónico: ies.agra.raices@edu.xunta.gal

Moitas grazas pola comprensión e colaboración.

Indicacións académicas durante o peche do centro.

Nota inicial: Adáptase a programación didáctica para o terceiro trimestre do curso 2019/2020.

  • PROFESOR: MANUEL MATO LANDEIRA

Todo os alumnos que cursan materias impartidas por Manuel Mato Landeira deberán estar pendentes da canle telemática (correo) que empregan para contactar de xeito habitual, a través da cal se lle farán chegar as indicacións correspondentes para traballar as materias.

Distribuir contido


by Dr. Radut