Skip to Content

Blogues

Próxima visita da petisa e ilustradora Ana Santiso

O luns, 10 de febreiro, a poetisa e ilustradora Ana Santiso visita o noso centro para participar nun encontro literario cos integrantes dos distintos grupos do club de lectura Libros coma area!, o alumnado de 4º ESO e o de Coeducación de 1º Bacharelato. A primeira parte deste encontro consistirá nun coloquio coa autora, onde os estudantes terán ocasión de entrevistala e coñecer de primeira man a súa traxectoria profesional. A continuación, os membros do club de lectura asistirán tamén a un obradoiro sobre artes plásticas e escritura creativa impartido por Ana Santiso

Alumnos do IES Agra de Raíces polo mundo.

Os/as alumnos/as do IES Agra de Raíces de primeiro e segundo de Bacharelato veñen de desfrutar de sendas experiencias fóra das nosas fronteiras.

Os primeiros estiveron practicando esquí na estación de Pal en Andorra dende o día 11 ata o 18 de xaneiro. Aproveitaron tamén para relaxarse no balneario Caldea despois das primeiras xornadas de iniciación e perfeccionamento no deporte invernal, e para sentir o encanto das rúas da localidade Andorra La Vella durante os tempos de ocio seranlleiros.

Os segundos viaxaron a Atenas para realizar unha ximcana pola cidade co obxectivo de traballar parte do currículo da materia Historia da Filosofía. Entre outras poideron visitar a Acrópole, os barrios de Monastiraki, Plaka, Psiris, a zona do Pireo, Plaza Syntagma, museo Arqueolóxico..

A estancia destes últimos prolongouse dende o 23 ao 27 de febreiro.

  

 

Derrubando muros con pintura. Arte urbana de Carballo.

O dia 27 de xaneiro, alumnado de Plástica, Debuxo Artístico e Coeducación para o século XXI participou en Carballo nun roteiro organizado polo Club de Letras do IES Agra de Raíces.

Derrubando muros con pintura é unha iniciativa de arte pública promovida polo Concello de Carballo que, desde 2013, pretende mellorar a imaxe da súa vila pintando paredes, muros, edificios e rexenerando espazos deteriorados.

Formando parte do proxecto, ao longo dunha semana na primavera, desde 2015, celébrase o Rexenera Fest, un festival cheo de actividades no que se convidan artistas que crean as súas obras de gran formato.

Para o proxecto de investigación no que está a traballar o alumnado, o Club de Letras elixiu un, dos dous roteiros propostos pola oficina de Turismo de Carballo, centrados en murais realizados por mulleres artistas ou de temática feminina.

Dan man de Maite Parga,fantástica guía local, o alumnado e profesorado acompañante descubriron as obras de Eva Facal, Iria Fabián, Nana, Susana Llorente, Samia Singh, Cinta Vidal, #BTOY, Rakele, Jorit, Millo, Bosoletti, SATR ou Hyuro.

That´s English. Datas de exames de febreiro 2020

  • A2.2:

    • Módulo 3: Exame escrito: 10 de febreiro ás 12:05 h no Laboratorio de Idiomas.

               Exame oral: 10 de febreiro ás 14:00 h no  Laboratorio de Idiomas.

  • B1:

    • Módulos 5 e 6: Exame escrito: 6 de febreiro ás 10:25 h no Laboratorio de Idiomas

                        Exame oral: 13 de febreiro ás 10:25 h no Laboratorio de idiomas.

 

A semana STEM centra os focos no noso centro

A prensa e a Consellería de Educación recollen a participación do IES Agra de Raíces na semana STEM. Deixámosvos as ligazóns por se queredes botarlle unha ollada.

Pulseiras salvavidas, obxectivo desfibrilador

Puxemos en marcha unha iniciativa de venda de pulseiras salvavidas co obxectivo de canxear a recaudación obtida por un desfibrilador para o centro. Pesamos que é unha ferramenta indispensable nos centros públicos. Animádevos a pasar polo centro a facervos coa vosa pulseira, ou encargádellas a alguén que saibades nos vaia visitar. Hainas de 4 cores: vermellas, rosas, moradas e azuis. Cada pulseira ten un custo de 3€, a vosa colaboración un valor infinito. 

Para máis info: Pulseiras salvavidas

Semana do 25 de novembro

O noso centro continúa apostando pola educación en igualdade e pola concienciación da comunidade educativa da necesidade de loitar todos xuntos contra a violencia de xénero. Nesta liña, a semana do 25 de novembro foi académicamente programada cunha marcada liña neste senso:

  • O día 25 de novembro realizáronse as seguintes actividades/iniciativas:
    • Lectura de poemas por parte de alumnos e alumnas de 1ºBAC que cursan a materia de Coeducación para o século XXI. Poemas que resultaron escollidos por eles mesmos despois dun traballo de investigación sobre o banco de títulos que enchen a nosa biblioteca. 

    • Performance a cargo de alumnos de 1ºESO e 3ºESO en repulsa da violencia de xénero, no que repasaron todos os casos de violencia de xénero no vai de ano e prenderon sendas bolboreta de papel a un soporte de madeira. O seu berro final foi "deixame voar", como "voar", soñar e vivir libres e en igualdade deberían estar a facer todas as vitimas desta lacra.

    • Lectura, no centro primeiro e na Casa da Cultura despois, dun sentido e contundente manifesto escrito por algúns alumnos/as de 4ºESO que cursan a materia de Valores éticos. 

    •  Alumnos de 1ºESO baixaron á Casa da Cultura de Cee para asistir ao acto organizado polo concello e o CIM. Eles mesmos finaron dito acto coa interpretación dun RAP contra á violencia de xénero.  Compuxeron as rimas a semana previa durante a participación nun obradoiro de RAP pola igualdade.

    • Alumnos de varios cursos participaron nunha pegada de pancartas polo centro con lemas contra a violencia de xénero e en favor da igualdade. 
  • Parte da comunidade educativa acudiu vestida de negro durante a xornada do 25 de novembro.

  • Proxectamos, na televisión do recibidor do instituto ao longo da semana, vídeos,  vídeoclips de cancións e letras que invitan a involucrarse na loita contra a violencia de xénero e en favor da igualdade.
  • Temos, nos taboleiros do primeiro andar, unha exposición de fotos contra á violencia de xénero. Fotos que realizaron os alumnos que cursan as diferentes materias do departamento de Debuxo. 

  • O día 28 de novembro, os alumos de 4ºESO participaron nun obradoiro pola igualdade dirixido pola asociación Lilith.

Tede por seguro que o noso compromiso non remata aquí. Seguimos e seguiremos traballando para que as novas xeracións consigan que a sociedade do mañá estea libre da lacra da violencia de xénero e  sexa igualitaria.

Podedes ver aquí fotos da semana.

Semana STEM

O IES Agra de Raíces foi seleccionado para participar na actividade Semana "STEM", promovida pola Consellería de Educación e co obxectivo de proporcionar ao alumnado unha actividade que lles permita mellorar as súas competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter lúdico-recreativas, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo do alumnado nas aulas.

A actividade levarase a cabo en Os Peares, Pena, Carballeda, Lugo dende o 8 ao 14 de decembro. Antes, o 21 de novembro ás 18 h na biblioteca do centro, terá lugar unha importante reunión coas familias dos/as participantes para detallar información da actividade.

A continuación podedes encontrar tres enlaces á información da actividade e a impresos que debe cubrir cada participante (impresos dos que falaremos na reunión do 21).

 

Documento información actividade.

https://drive.google.com/open?id=1MjoA22kArFiI7LsGocqmRJhSQZshCe3f 

Documento de horario e localización da actividade.

https://drive.google.com/open?id=1sot1H5Gzr7YmKZwycVFgt0PBowHBLv2x

 

Impreso a cubrir polas familias de todos os participantes.

https://drive.google.com/file/d/1MjoA22kArFiI7LsGocqmRJhSQZshCe3f/view?usp=sharing

 

 

 

 

Titorías That´s English.

As titorías de That´s English, comezan no mes de outubro.

 

  • Nivel A2: Módulos 3 e 4. Luns de 12:25 a 14:05
  • Nivel B1: Módulos 5,6,7 e 8. Xoves de 10:25 a 12:05


Praza de matrícula aberto, por ampliación, ata o 30 de Novembro!! 

Infórmate en www.thatsenglish.com

Para máis información, ver o arquivo adxunto.

Ademáis, o persoal da Administración Pública ten desconto na matrícula. Infórmate no arquivo adxunto.

ENTREGA DE NOTAS E MATRÍCULA DE SETEMBRO

Pódense consultar aquí as datas de entrega de notas e matrícula de setembro para o curso 2019/2020. Lembramos tamén que durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado. Calquera comunicación urxente pódese facer a través do correo ies.agra.raices@edu.xunta.es

Distribuir contido


by Dr. Radut