Skip to Content

Blogues

Magosto

VIAXE A ANDORRA 2023-24

NOVAS RELACIONADAS COA VIAXE A ANDORRA

 -Información relevante sobre a viaxe (resumo da reunión de pais/nais do pasado 15 de novembro).

 -Coberturas do seguro de anulación plus (OPCIONAL). Comunicar en secretaría o pago do mesmo. No concepto da transferencia debe ir o nome e apelidos do alumno/a seguido de SEGURO ANULACIÓN PLUS IES AGRA DE RAÍCES. Data límite para o pago 22 de novembro.

HORARIO DURANTE O MES DE XULLO DE 2023

 

HORARIO DO MES DE XULLO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO IES AGRA DE RAÍCES:

 

De Luns a Venres

De 10:00h a 13:00h

Campionato multideporte

No noso Centro acabamos o derradeiro día lectivo cun campionato mixto multideporte e inclusivo con participación de equipos do Alumnado e incluso algún do Profesorado.

Fixemos algo de exercicio nun bo ambiente para queimar calorías antes dos exceso do Nadal.

Aquí podedes ver os equipos campións en

SEN FILTROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O noso centro foi un dos que colaborou co Centro de Información a Muller do Concello de Cee  en SEN FILTROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Trátase dunha Campaña de concienciación e prevención para a eliminación da violencia de xénero, unha campaña integral xa que conta coa participación de diferentes colectivos de persoas participantes, (alumnado dos centros educativos, equipos deportivos, escola de teatro, centro social...), a realizamos en diferentes formatos (vídeo, audio coas cuñas de radio, deseño gráfico para RR.SS, banner en medios de comunicación...) e está dispoñible en diferentes plataformas.

 

Buscando promover e dinamizar a participación cidadá, que toda persoa que queira poida ser protagonista desta campaña, sobre todo dirixida a implicar a xente moza, creando un produto co que eles e elas están moi familiarizados,un FILTRO DE INSTAGRAM que chamamos #senfiltroscontraaviolenciadexénero.

 

O filtro xa está dispoñible e listo para usa polas persoas que o desexen. Tan só haberá que entrar na Rede Social Instagram e buscar nos filtros de Instagram #senfiltros e xa aparecerá a imaxe que xuntamos. O aspecto do filtro é o que enviamos. Tamén sería interesante que escribiran o Hashtag da campaña na Stories. #senfiltroscontraaviolenciadexénero

 

 

 

Conferencia ""Mindfulness e regulación emocional"

Dentro do Programa Educativo Cultural O Mes da Fundación, organizado como tódolos meses de outubro pola Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee, o alumnado de 4º da ESO asistiu a unha conferencia.

Trátase dunha charla impartida polos psicólogos Juan Carlos Permuy e Belén Montesa que leva por título "Mindfulness e regulación emocional" que tivo lugar o venres 29 de outubro, ás 11:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Cee.

Actividades deseñadas polo grupo de traballo do PFPP - IgualaT curso 2020/2021

O grupo de traballo do Programa de formación Permanente do Profesorado: IgualaT do curso escolar 2020/2021 deseñou unha serie de actividades que se poden consultar no seguinte documento.

Distribuir contido


by Dr. Radut