Skip to Content

Mariñeiro/a pescador/a

 

O Título profesional de mariñeiro/a pescador/a facultará a exercer de tripulante subalterno para calquera servizo en buques dedicados á pesca ou auxiliar de acuicultura. 

Así mesmo, facultará para manexar con fins comerciais embarcacións de menos de 10 metros de eslora, dedicadas á pesca ou auxiliar de acuicultura, que  operen exclusivamente dentro de augas interiores de portos e teñan unha potencia adecuada á embarcación, e sempre que non transporten pasaxeiros.

Para exercer o mando deberá realizar un período de embarque non inferior a 6 meses, como tripulante subalterno en buques de pesca ou auxiliar de acuicultura, desde a data de expedición da Tarxeta Profesional de Mariñeiro Pescador.

A Tarxeta Profesional de Mariñeiro Pescador terá validez ata que o seu titular cumpra a idade de cincuenta anos. A partir desa data, será necesaria a súa renovación cada cinco anos, a expedir pola comunidade autónoma, acreditándose na solicitude de renovación polo interesado a vixencia do recoñecemento médico previo ao embarque realizado polo Instituto Social da Mariña.

O curso de Mariñeiro Pescador é unha preparación para un exame oficial e  só se poderá presentar  ao  exame final o alumnado que  asistiu con regularidade  ás clases e  non superou ou 10% dás faltas correspondentes  á carga lectiva  do curso.

O alumnado que suspenda o  exame  disporá dunha  nova convocatoria de  exame, logo dá autorización  do  Servizo de Ensino e  Titulacións Náutico-Pesqueiras.

 

Requisitos para a obtención da titulación:

  1. Cumprir 16 anos de idade.

  2. Certificado expedido polo centro docente de superar satisfactoriamente o curso de Mariñeiro Pescador ou de superar unha proba de aptitude sobre os coñecementos teórico-prácticos.

  3. Ter en vigor o recoñecemento médico realizado polo Instituto Social da Mariña conforme á regra I/9 do anexo do Convenio  STCW e a sección A-I/9 do código  STCW, no momento da solicitude do título. O anterior certificado non será necesario se o interesado xa dispón dun certificado médico de aptitude para o embarque, en vigor, expedido polo Instituto Social da Mariña.

 

 

   Mariñeiro pescador_castellano.pdf

   Mariñeiro pescador_galego.pdf

 

 ASISTENCIA AO CURSO

A asistencia ao curso por parte do alumnado matriculado será obrigatoria.

Cando o incumprimento da asistencia supere o 10% das horas lectivas do curso será motivo de baixa no dito curso, así como a baixa no dereito a participar no exame correspondente.

 

EXAME

Para a obtención do certificado de aptitude será preciso superar o exame correspondente ante un tribunal.

Só se poderá presentar ao exame final o alumnado que asistiu con regularidade ás clases e non superou o 10% das faltas correspondentes á carga lectiva do curso.

O alumnado que suspenda o exame disporá dunha nova convocatoria de exame, logo da autorización do Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras.

 

PROGRAMA: MÓDULOS FORMATIVOS E TEMPORALIZACIÓN SOBRE OS COÑECEMENTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS

Módulo formativo 1. A embarcación de pesca (16 horas).

Módulo formativo 2. O Regulamento internacional para previr as abordaxes no mar (8 horas).

Módulo formativo 3. A práctica dunha pesca responsable (6 horas).

Módulo formativo 4. Manipulación e conservación dos produtos da pesca (5 horas).

Prácticas (15 horas).

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

O exame consistirá nunha proba tipo test de 30 preguntas con 3 posibles respostas.

A composición do exame tipo test será a seguinte:

- 10 preguntas correspondentes ao módulo 1.

- 10 preguntas correspondentes ao módulo 2.

- 5 preguntas correspondentes ao módulo 3.

- 5 preguntas correspondentes ao módulo 4.

Para aprobar o exame será necesario contestar axeitadamente 20 das 30 preguntas. Soamente se admitirán 5 fallos nas preguntas correspondentes ao módulo 2. Ademais, deberá superar un exame práctico que consistirá na realización e utilidade de cinco nós, para superar a proba práctica será necesario realizar e demostrar a utilidade de polo menos 3 nós.

 

Nota informativa: Os nós que se solicitan na proba práctica, son os que aparecen no manual de mariñeiro pescador de galicia. 

 

NORMATIVA

Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os título profesionais do sector pesqueiro.

ORDE do 31 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.

CORRECCIÓN de erros. Orde do 31 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

 



page | by Dr. Radut