Skip to Content

SOLICITUDE RESIDENCIA

 

REQUISITOS PARA SER ADXUDICATARIO/A DAS PRAZAS

* Ser cidadáns de calquera país da Unión Europea ou estranxeiros/as que acrediten a residencia ou estean dentro dun programa de cooperación internacional.

* Ter cumpridos os 16 anos de idade no ano da convocatoria.

* Estar matriculado nos centros de formación dependentes desta consellería e realice os seguintes estudos:

a) Marítimo-Pesqueiros:   

– Ciclos formativos de grao medio e superior da familia profesional Marítimo-Pesqueira.

b) Náutico-Pesqueiros:

– Capitán/á de pesca, patrón/patroa costeiro polivalente, patrón/patroa local de pesca e mariñeiro/a pescador/a.

 

MODALIDADES

As prazas poderán adxudicarse nas seguintes modalidades:

a) Residencia en pensión completa. Supón a utilización dos servizos residenciais do centro.

b) Media pensión. Xantar diario regular (cinco días á semana de luns a venres).

c) Xantar diario non regular.

As prazas en réxime de media pensión e xantar diario non regular dan dereito a xantar na sala de comedor do centro. Poderán solicitar praza as persoas que, cursando estudos no centro, cumpran cos requisitos xerais, teñan o seu domicilio habitual a unha distancia superior a 15 quilómetros do centro docente ou ben que, aínda sendo unha distancia menor, acrediten a súa imposibilidade de chegar coa puntualidade requirida ás clases.

 

PREZOS PÚBLICOS

As persoas beneficiarias das prazas estarán suxeitas aos prezos públicos establecidos na normativa aplicable.

O pagamento do importe do prezo público que resulte aplicable polos servizos de residencia durante un curso escolar completo fraccionarase en tres prazos trimestrais e deberá aboarse dentro dos dez primeiros días de cada trimestre.

Para os cursos de duración inferior a un curso escolar completo, o alumnado con praza de residencia en pensión completa poderá acollerse ao pagamento trimestral ou por días. O primeiro pagamento trimestral realizarase antes do comezo do curso. No caso de acollerse ao pagamento por días, o pagamento realizarase na súa totalidade antes do inicio do servizo, agás nos casos en que a duración dos cursos sexa superior a un mes, onde o pagamento poderá realizarse por días antes do comezo de cada mes.

Para as prazas de comedor o alumnado fará efectivo o pagamento antes do inicio do servizo.

O alumnado con praza na residencia que se incorpore á formación en centros de traballo (FCT) poderá seguir usando a residencia ata o remate da formación na dita empresa. Non obstante, no caso de non utilizar os servizos de residencia durante o terceiro trimestre do curso escolar, como consecuencia de realizar a dita FCT fóra do centro, o alumnado poderá estar exento do pagamento do devandito trimestre.

 

 Servizo

 Prezo/persoa 

 Residencia en pensión completa curso escolar completo

 2.176,02 €

 Residencia en pensión completa diaria por período inferior a un curso escolar

 12,12 €/día

 Xantar por bono semanal de cinco días

 24,85 €

 Xantar diario non regular

 5,50 €/día

 

BONIFICACIÓNS E EXENCIÓNS

* EXENCIÓNS

- Por membro de familia numerosa categoría especial.

- Vítimas do terrorismo, así como os/as seus/súas cónxuxes e fillos/as legalmente ao seu cargo non emancipados/as.

- Vítimas da violencia de xénero.

* BONIFICACIÓN DO 50%

- Por membro de familia numerosa categoría xeral.

- Por membro de familia monoparental.

- Os/as demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data de autorización de uso dos servizos de residencia ou de xantar e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

* BONIFICACIÓN DO 25%

- Mulleres: terán unha bonificación do 25 por 100 nas taxas de matrícula. Esta bonificación non poderá acumularse a outras.

En todos estes casos, a exención non afecta o seguro escolar, que será aboado integramente polas persoas beneficiarias.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación complementaria necesaria para xustificar cada unha das situacións anteriormente mencionadas.

 

PERDA DO DEREITO Á PRAZA

O alumnado residente perderá a praza polas seguintes causas:

a) Non incorporarse ao centro residencial na data do inicio do curso escolar indicada polo centro docente, agás nos casos de forza maior, debidamente acreditados logo da súa valoración polo centro.

b) Perda da condición do/a alumno/a no centro docente en que debía cursar os estudos para os cales lle foi concedida a praza.

c) Faltas de asistencia sen xustificar, cando se supere o número de tres días de ausencia continuados ou cinco días alternos ás clases lectivas dentro do período dun mes e logo dun informe previo da dirección do centro.

d) Incumprimento do réxime interno do centro residencial que altere o normal desenvolvemento da convivencia e que lugar a sanción disciplinaria.

A persoa beneficiaria dos servicios de residencia ou de comedor que renuncie a continuar cos estudos, resulte expulsado do centro de formación ou da residencia, perderá o dereito a residencia e o dereito de devolución dos importes ingresados para o goce dos servicos (Art.7 do Decreto 143/2013. DOG Nº176).

 

SOLICITUDES

 

As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:

* Solicitude debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE606A). Descargue a solicitude AQUÍ. e o anexo II de comprobación de datos doutras persoas que comopoñen a unidade familiar AQUÍ.

* Copia do DNI/NIE polas dúas caras.

* A documentación complementaria que xustificar cada unha das situacións que dan lugar a exención ou bonificación.

* Certificado médico oficial que acredite o seu estado de saúde.

* 2 fotos.

* Xustificante do aboamento das taxas.

 

PAGO DE TAXAS 

Para obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas preme na imaxe.

 

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Iniciar taxa. 

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Ferrol  Código: 11
 Servizo de: Secretaría  Código: 01
 Taxa: denominación (en función da modalide de praza)
 Residencia en pensión completa  Código: 353201
 Residencia en pensión completa por día  Código: 353202
 Xantar por bono semanal de cincos días  Código: 353203
 Xantar diario non regular  Código: 353204
 Obxecto de pago  O nome do curso que realiza 
 Datos de pago  O importe que corresponda

 

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 



page | by Dr. Radut