Skip to Content

SOLICITUDE CURSOS DE ESPECIALIDADE

SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A PRESENTACIÓN DA MATRÍCULA:

 

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.es . 

A solicitude tamén poderá presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Así mesmo, as solicitudes poderán presentarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se realicen os cursos.

Para realizar a matrícula nos centros oficiais de ensino dependentes da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro, as persoas interesadas informaranse nas secretarías destes para coñecer as datas de realización dos cursos.

 

Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación para realizar a matrícula:

 1.  Solicitude (Modelo xenérico PR004A). Descargue a solicitude aquí.

 2.  Impreso de matrícula:

 

CURSOS COMPLETOS:

Impreso de matricula do curso de Formación Básica en Seguridade Marítima.

Impreso de matrícula do curso de  Avanzado en Coita Contra o Lume.

Impreso de matrícula do curso de Embarcacións e de Botes de Rescate non Rápidos.

 

ACTUALIZACIÓNS:

Impreso de matricula do curso de actualización de Formación Básica en Seguridade Marítima.

Impreso de matrícula do curso de actualización de Avanzado en loita contra o lume.

Impreso de matrícula do curso de actualización de Embarcacións e Botes de Rescate non Rápidos.

 

 Acreditación de su representación: REPRESENTACIÓN

 (*) A asistencia a todas as partes prácticas dos cursos é obrigatoria e na parte teórica as faltas non poderán superar o 10%, calquer incumprimento do anterior supón a non superación do curso.

 NOTA: A selección dos aspirantes aos cursos serán por orde de solicitude entregando toda a documentación do impreso de matrícula, e se quedan prazas os que teñan a titulación requerida do impreso por orde de entrada.

Os aspirantes que teñan o certificado caducado ou próximo a caducar terán preferencia aos que lle quedan 6 ou máis meses para a súa caducidade.   

 



page | by Dr. Radut