Skip to Content

Avanzado en loita contra incendios

Requirirase a posesión do Certificado de Suficiencia de Avanzado en Loita Contra Incendios aos Capitáns e Oficiais de ponte e de máquinas de buques mercantes; así como aos tripulantes de buques tanques que deban estar en posesión do certificado de familiarización en buques petroleiros e quimiqueros ou do certificado de familiarización en buques gaseros, así como aos tripulantes que teñan asignados deberes específicos e responsabilidades relacionadas coa carga ou o equipo de carga en buques tanque. 

-  Buques mercantes de arqueo bruto superior a 75 GT. 

-  Buques pesqueiros maiores de 50 metros de eslora.

 

Obxectivos

 

Que o alumno sexa competente para poder tomar as medidas necesarias en canto á seguridade do persoal e do buque e poder utilizar os equipos contra incendios correctamente. Tamén adquirirá coñecementos na prevención de incendios e elaboración de plans de emerxencia. 

Capacita aos alumnos para controlar e coordinar as operacións de loita contra incendios a bordo, con especial énfase na organización, tácticas e mando. 

Lexislación: Convenio STCW 78 emendado. Curso e probas de avaliación da competencia de conformidade coa Regra VI/3, Sección A-VI/3, Cadro A-VI/3 do Código de Formación na súa versión emendada. Axústase ao prescrito na Orde FOM/2296/2002 do 4 de setembro do Curso regulado pola Orde do Ministerio de Fomento 2296/2002, do 4 de setembro.

 

Programa do curso 

 

Módulo de control das operacións de loita contra incendios a bordo.

  • Procedementos de loita contra incendios a bordo no mar e en porto: organización, tácticas e mando. 
  • Efectos sobre a estabilidade. 
  • Precaucións e medidas correctoras.
  • Comunicación e coordinación durante as operacións de loita contra incendios. 
  • Control dos ventiladores, incluídos os extractores de fume.
  • Control e dos sistemas eléctricos e sistemas de alimentación de combustible. 
  • Riscos do proceso de loita contra incendios. 
  • Loita contra incendios nos que interveñen mercadorías perigosas procedementos loita contra incendios na mar. 
  • Riscos relacionados co almacenamento e a manipulación de materiais.
  • Tratamento e control de feridos.
  • Procedementos de coordinación coas operacións de loita contra incendios efectuadas desde terra.

Módulo de organización e capacitación de cuadrillas da loita contra incendios.

  • Elaboración de plans de continxencias.
  • Formación e asignación do persoal ás cuadrillas de loita contra incendios.
  • Estratexias e tácticas para a loita contra incendios nas distintas partes do barco.

Módulo de inspección e mantemento dos sistemas e o equipo de detección e extinción de incendios estratexias e tacticas de loita contra incendios.

  • Sistemas de detección de incendios Sistemas fixos de extinción de incendios.
  • Equipo portátil e móbil de extinción de incendios Bombas contra incendios.
  • Equipo de rescate, salvamento e protección persoal e comunicación.
  • Requisitos dos recoñecementos regulamentarios e de clasificación.

Módulo de investigación e recompilación de informes sobre incidentes nos que se produzan incendios.

  • Avaliación das causas que dan lugar a incidentes nos que se produzan incendios.

 

Duración

O curso é presencial e ten unha duración de 24 horas, das cales, 12 horas son de contido teórico e 12 horas de contido práctico.

Só se permite falta de asistencia do 10% da horas teóricas. A parte práctica deberá completarse na súa totalidade.

 

Certificado

O Certificado de suficiencia de Avanzado en Loita Contra Incendios terá unha validez de 5 anos e conterá a data de caducidade. Para que o certificado non caduque, é importante realizar a renovación do mesmo en calquera capitanía marítima e antes da data de caducidade. Para renovar o Certificado de Especialidade de Avanzado en Loita Contra Incendios é necesario cumprir con algún dos seguintes requisitos: 

  • Ter 3 meses de embarque no último ano do título, realizando labores relacionados co mesmo. 
  • Ter 1 ano de embarque nos 5 anos do título, realizando labores relacionados co mesmo.

Unha vez caducado o Certificado de Especialidade de Avanzado en Loita Contra Incendios, haberá que realizar un Curso de Actualización de 8 horas de duración, sen necesidade de realizar o curso completo de novo.



page | by Dr. Radut