Skip to Content

Presentación

A nosa Escola

Escola

 

A Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol foi inaugurada o 24 de Agosto de 1975 polo Ministro de Movemento Sr. Solís. Dende esta fecha impartiuse docencia, initerrupidamente, ás xentes do Mar que necesitaban formación para poder ampliar os seus coñecementos, promocionarse profesionalmente, ou simplemente para poder atopar traballo nos buques dedicados ó sector marítimo pesqueiro, ou ben en terra, en empresas relacionadas co sector.

O centro ten, e tivo sempre, como obxectivo principal a formación específica de tripulacións de buques pesqueiros, mercantes e de pasaxe.

No ano 1987 a Escola Oficial Náutico Pesqueira foi transferida á Xunta de Galicia, e na actualidade está adscrita á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

 

Aula de seguridade

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No ano 1992 o centro foi reformado, remodelado e ampliado; dotouse dunhas completas instalacións e equipos tecnolóxicamente avanzados, e iniciou a súa actividade a Aula de Seguridade. Esta instalación, diseñada e construída específicamente para a realización de prácticas de loita contra o lume e supervivencia na mar, é a única de titularidade pública que existe na nosa Comunidade e que singulariza ao noso centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut