Skip to Content

Formación Básica en Seguridade Marítima

O Certificado de Suficiencia de Formación Básica en Seguridade Marítima é o mínimo necesario e requirirase a súa posesión a todo o persoal que forma parte da tripulación do buque e que exerza funcións profesionais marítimas, así como a aqueles aos que se lles confían tarefas de seguridade ou de prevención da contaminación relacionadas coas operacións do buque, en virtude do Cadro de Obrigacións e Consignas do Buque, do Plan de Emerxencias de a bordo en caso de Contaminación por Hidrocarburos ou do Manual de Xestión da Seguridade. O curso de Formación Básica en Seguridade Marítima está constituído por 4 módulos:

  • Supervivencia na mar.

  • Prevención e loita contra incendios.

  • Primeiros auxilios.

  • Seguridade persoal e responsabilidades sociais.

 

Obxectivos

Pretende dar nocións básicas de seguridade para poder previr e afrontar situacións de perigo que se poden xerar a bordo do buque. 

O programa axústase ó Convenio STCW 78 enmendado. Regla VI/1 del Convenio STCW, Sección A-VI/1; Cuadros A-VI/1-1, A-VI/1-2, A-VI/1-3, A-VI/1-4) del Código de Formación. 

 

Programa do curso 

 

Módulo de Supervivencia na Mar en caso de abandono do barco.

  • Tipos de situacións de emerxencia que poden producirse, tales como abordaxes, incendios ou afundimento.
  • Dispositivos salvavidas dos barcos e equipo das embarcacións de supervivencia.
  • Localización dos dispositivos persoais de salvamento.
  • Principios relacionados coa supervivencia: Utilidade da formación e os exercicios.
  • Equipo de protección persoal, necesidade de estar preparado para calquera emerxencia.
  • Medidas a adoptar en caso de abandono do barco, actuación na auga.
  • Medidas a bordo da embarcación de supervivencia, principais perigos para o sobreviventes.

 

Módulo de Prevención e Loita contra Incendios e Extinción.

  • Prevencon e loita contra incendios na mar. Formacion alfer.
  • Localización dos dispositivos de loita contra incendios e as vías de evacuación en caso de emerxencia. Elementos do lume e da explosión (o triángulo do lume).
  • Tipos e fontes de ignición Materiais inflamables e riscos de que se produza e propague un incendio. Medidas que deben adoptarse a bordo dos barcos, necesidade dunha vixilancia constante.
  • Detección do lume e do fume, sistemas automáticos de alarma.
  • Clasificación dos incendios e dos axentes extintores que poden utilizarse.
  • Equipo de loita contra incendios e a súa localización a bordo.
  • Utilización do equipo persoal e de loita contra incendios, instalacións fixas, procedementos e métodos.
  • Equipo respiratorio para a loita contra incendios e operacións de rescate Módulo de Primeiros Auxilios.

 

Módulo de Primeiros Auxilios.

  • Avaliación das necesidades das vítimas e das ameazas para a propia seguridade persoal.
  • Coñecemento da estrutura e das funcións do corpo humano.
  • Comprensión das medidas inmediatas que deben adoptarse en casos de emerxencias.
  • Colocar á vítima nunha postura adecuada, aplicar técnicas de reanimación, controlar as hemorraxias Tomar as medidas apropiadas para tratar casos elementais de shock.
  • Tomar as medidas apropiadas en caso de queimadura, escaldadura, accidentes causados por corrente eléctrica.
  • Rescatar e transportar a unha vítima Seguridade persoal e seguridade a bordo.
  • Improvisar vendas e utilizar o material da caixa de primeiros auxilios de primeiros auxilios.

 

Módulo de Seguridade Persoal e Responsabilidades Sociais .

  • Cumprir os procedementos de emerxencia.
  • Precaucións para previr a contaminación do medio mariño.
  • Seguridade no traballo Comunicacións eficaces a bordo dos buques.
  • Relaciones humanas a bordo Fatiga, efectos dos factores de estrés físico na xente de mar.

 

Duración

A duración do curso é de 70 horas, das cales, 45 horas son de contido teórico e 25 horas de contido práctico. O curso é presencial. Só se permite falta de asistencia do 10% da horas teóricas. A parte práctica deberá completarse na súa totalidade.

 

Certificado

O Certificado de Especialidade de Formación Básica en Seguridade Marítima terá unha validez de 5 anos e conterá a data de caducidade. Para que o certificado non caduque, é importante realizar a renovación do mesmo en calquera capitanía marítima e antes da data de caducidade. Para renovar o Certificado de Especialidade de Formación Básica en Seguridade Marítima é necesario cumprir con algún dos seguintes requisitos: 

  1. Ter 3 meses de embarque no último ando certificado, realizando labores relacionadas co mesmo.

  2. Ter 1 año de embarque nos 5 años do certificado, realizando labores relacionadas co mesmo.

Unha vez caducado o Certificado de Especialidade de Formación Básica en Seguridade Marítima, haberá que realizar un Curso de Actualización de 16 horas de duración, sen necesidade de realizar o curso completo de novo.



page | by Dr. Radut