Skip to Content

Procedemento de matrícula para os cursos de titulacións profesionais náutico-pesqueiras

 

CONDICIÓNS DE ACCESO AO CURSO:

 

1. Percebeiro/a.

  • Ter feitos os dezaseis anos de idade.
  • Ter rematada a escolarización obrigatoria.

2. Mariñeiro/a pescador/a.

  • Ter feitos os dezaseis anos de idade.
  • Declaración responsable de posuír aptitude para realizar unha proba de natación previa á realización do exame de coñecementos teórico-prácticos.
  • Acreditar unha formación mínima mediante cualquera dos seguintes medios:
  1. Certificación expedida pola consellería con competencias en materia educativa ou por unha Administración educativa equivalente do Estado de ter superado o nivel 1 de ensinanzas básicas iniciais ou certificado equivalente.
  2. Certificado de ter superado un curso de alfabetización en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, expedido por unha entidade pública ou privada.
  3. Declaración responsable da persoa solicitante de ter coñecementos básicos de lecto-escritura en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia segundo o modelo publicado no portal web de formación da consellería con competencias en materia pesqueira.

No caso de achegar este último documento, a entidade organizadora poderá comprobar que se cumpren os aspectos da declaración mediante unha proba de lecto-escritura. De non superar a dita proba, o/a olumno/a será dado de baixa do curso.

3. Patrón/oa local de pesca.

  • Ter feitos os dezaoito anos de idade.
  • Estar en posesión do título de mariñeiro/a pescador/a.

4. Patrón/oa costeiro polivalente.

  • Ter feitos os dezaoito anos de idade.
  • Estar en posesión do título de mariñeiro/a pescador/a.
  • Estar en posesión do certificado de nivel 1 de ensinanzas básicas iniciais ou certificado equivalente, ou ben estar en posesión da tarxeta profesional de patrón/patroa local de pesca.

 

SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A PRESENTACIÓN DA MATRÍCULA:

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.es . 

A solicitude tamén poderá presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Así mesmo, as solicitudes poderán presentarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes.

Para realizar a matrícula nos centros oficiais de ensino dependentes da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro, as persoas interesadas informaranse nas secretarías destes para coñecer as datas de realización dos cursos.

As persoas admitidas na listaxe provisional terán un prazo de 10 días previos ao comezo do curso para realizar a matrícula.

Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación para realizar a matrícula:

 1.  Solicitude (Modelo PE607C). Descargue a solicitude aquí.

 2.  Acreditar una formación mínima mediante cualquiera de los siguientes medios:

  • Certificación expedida por la Consellería con competencias en materia educativa o por una Administración educativa equivalente del Estado de haber superado el nivel 1 de enseñanzas básicas iniciales o certificado equivalente.
  • Certificado de haber superado un curso de alfabetización en cualquiera de las lenguas oficiales de la Comunidad Autónoma de Galicia, expedido por una entidad pública o privada.
  • Declaración responsable de la persona solicitante de que tenga conocimientos básicos de lecto-escritura en cualquiera de las lenguas cooficiales de la Comunidad Autónoma de Galicia, marcando la casilla correspondiente en el cuadro de declaraciones.

3.  Justificante de abono de las tasas que otorgan derecho al examen.

4.  Declaración responsable de poseer aptitud para realizar una prueba de natación previa a la realización del examen teórico-práctico de marinero/a pescador/a, marcando la casilla correspondiente en el cuadro de declaraciones.

5. Copia del título profesional, en su caso, o de la hoja de la libreta donde se acredite estar en posesión del referido título.

6. Copia del título de marinero/a pescador/a, en el caso de las titulaciones de patrón/a local de pesca y patrón/a costero/a polivalente.

Comprobación de datos.

Los documentos relacionados serán objeto de consulta a las administraciones públicas. En caso de que las personas interesadas se opongan a esta consulta, deberán indicarlo y adjuntar una copia de los documentos.

7. DNI/NIE de la persona solicitante.

 

PAGO DE TAXAS 

Para obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas preme na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Iniciar taxa. 

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Ferrol  Código: 11
 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro   Código: 05
 Taxa: denominación
 Probas profesionais de pesca  Código: 301900
 Obxecto de pago  Mariñeiro/a Pescador/a (exemplo) 
 Datos de pago  19,37 €

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 



book | by Dr. Radut