Skip to Content

Suxestións, Queixas ou Felicitacións.

 

Coa intención de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con respecto ao cumprimento dos requisitos por parte da E.O.N.P. de Ferrol, poñemos á súa disposición o seguinte formulario.

 

- Suxestión: idea que se lle aporta á Dirección da Escola con ánimo construtivo para a súa mellora.

- Queixa: mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a Dirección da Escola non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (Sistema de Xestión da Calidade) ou legais

- Felicitacións: manifestación de satisfacción pola calidade do servizo prestado.


As RECLAMACIÓNS (referentes a cualificacións, validacións, etc...) xestionaranse en secretaría da escola segundo a normativa vixente, polo que non se poden cursar a través deste formulario.

Se desexa resposta, deberá identificarse con nome, apelidos e unha dirección de correo electrónico.

As reclamacións con propoñente coñecido serán respondidas por escrito mediante carta ou correo electrónico nun prazo de quince días laborais.

Para máis información referente as reclamacións de cualificacións en avaliacións de ciclos formativos pica AQUÍ

Nas RECLAMACIÓNS as cualificacións das titulacións profesionais de pesca, lecer e cursos de suficiencia:

  • Unha vez publicada a listaxe provisional de cualificacións terán 10 días habiles para presentar as reclamacións  por calquera medio estipulado na lei 39/2015. 
 

 

A súa opinión é importante.

Grazas por axudarnos a mellorar!

 

Indique o curso ou o ciclo ao que pertence ou a relación á Escola en caso de persoal externo.

Indique a xeito de título o motivo da suxestión, queixa ou reclamación.

Resuma o motivo da suxestión, queixa ou reclamación indicando os datos máis importantes e as accións que ao seu xuízo deberían tomarse.



webform | by Dr. Radut