Skip to Content

Aumento de atribucións de mecánico/a maior naval

Aumento de atribucións de mecánico/a maior naval

O artigo 10 do Real Decreto 36/2014, de 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, no seu apartado 2.f), establece que o/a mecánico/a maior naval poderá exercer como Xefe/a de máquinas en buques pesqueiros de potencia propulsora non superior a 6.000 quilowatts, sempre e cando acredite:

- un período de embarque non inferior a 24 meses como oficial de máquinas, dos cales polo menos 12 meses deberá cumprilos desempeñando funcións de primeiro oficial, en buques de potencia propulsora de entre 500 e 3.000 quilowatts; e

- ter superado o curso cuxo contido se establece no Anexo I da Resolución do 31 de maio de 2010, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, pola que se establecen os cursos de acreditación de Mecánicos Maiores Navais e Mecánicos Navais para o exercicio profesional en buques mercantes ata 6.000 quilowatts.

 

CONDICIÓNS DE ACCESO AO CURSO

Para o acceso ao curso de aumento de atribucións ata 6.000 quilowatts como xefe/a de máquinas, o alumnado deberá estar en posesión da tarxeta de mecánico/a maior naval.

No caso de que o número de solicitudes sexa maior que o número de prazas ofertadas, achegaranse os días de embarque a efectos de selección. Terán preferencia o alumnado que acredite un período de embarque non inferior a 24 meses como oficial de máquinas, dos cales polo menos 12 meses deberá cumprilos desempeñando funcións de primeiro oficial, en buques de potencia propulsora de entre 500 e 3.000 quilowatts.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

As persoas candidatas interesadas no curso de aumento de atribucións ata 6.000 quilowatts como xefe/a de máquinas achegarán a seguinte documentación para realizar a matrícula:

- Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.

- Copia do DNI/NIE polas dúas caras.

- Copia compulsada da tarxeta de mecánico/a maior naval.

- Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

As solicitudes deberán presentarse:

- nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes, ou

- por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

IMPORTANTE: Con anterioridade á formalización da matrícula, as persoas interesadas informaranse nas secretarías dos centros para coñecer as datas dispoñibles de realización do curso.

 

PAGO DE TAXAS 

Para obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas preme na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Iniciar taxa. 

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Ferrol  Código: 11
 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro   Código: 05
 Taxa: denominación
 Probas profesionais de pesca  Código: 301900
 Obxecto de pago  Aumento de atribucións mecánico/a maior naval
 Datos de pago  84,81 €

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

ASISTENCIA AO CURSO

A asistencia ao curso por parte do alumnado matriculado será obrigatoria. Si se falta máis de un 10% causará baixa do curso. (O curso ten unha duración de 175 horas 210 sesions)

 

PROGRAMA: MÓDULOS FORMATIVOS E TEMPORALIZACIÓN SOBRE OS COÑECEMENTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS

1. Xestión do mantemento e control de respectos (20 horas).

Conceptos de: Avaría e mantemento.

Estratexias de planificación do mantemento.

Mantemento programado.

Compoñentes dun sistema de programación do mantemento.

Xestión do mantemento programado.

Control de respectos.

2. Xestión de combustibles (10 horas).

Combustibles mariños actuais: Características.

Carga de combustible.

Toma de mostras de combustible.

Análise de combustible en laboratorios e probas a bordo.

Preparación e tratamento dos combustibles.

Aditivos.

Prevención dos riscos e a contaminación nas operacións con combustibles.

3. Prevención da contaminación (15 horas).

Normativa actual: Nacional e internacional.

Separación de augas oleosas.

Tratamento de augas residuais. Tratamento de residuos sólidos.

4. Prevención de riscos laborais (10 horas).

Concepto de: Perigo e risco.

Identificación de perigos e avaliación de riscos nas instalacións de máquinas.

Medidas para a prevención e resposta a continxencias.

Normativa actual.

5. Control: Regulación e mando automático (30 horas).

Principios de mando e regulación.

Estudo dos sistemas de mando e regulación a bordo.

Os controladores lóxicos programables: Aplicación a bordo.

6. Planta propulsora e xeración eléctrica (40 horas).

Novas tendencias na construción e operación de plantas propulsoras e sistemas de xeración.

Estratexias de conservación de enerxía a bordo.

7. Refrixeración e conxelación (20 horas).

8. Plantas de xeración de vapor (30 horas).

Caldeiras, a súa operación e mantemento.

Plantas de vapor a bordo.

 

Turboalternadores e turbobombas.

 

A avaliación 

Superar as probas dos módulos cunha nota mínima de 5 puntos.

 

NORMATIVA

Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os título profesionais do sector pesqueiro.

Real Decreto 973/2009, do 12 de xuño, polo que se regulan as titulacións profesionais da mariña mercante.

*Real Decreto 269/2022, de 12 de abril.

Resolución do 31 de maio de 2010, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, pola que se establecen os cursos de acreditación de Mecánicos Maiores Navais e Mecánicos Navais para o exercicio profesional en buques mercantes ata 6.000 quilowatts.



page | by Dr. Radut