A EOI de Ourense conmemora o 24 de febreiro, coma cada ano, o Día de Rosalía de Castro. Por esta razón, o Departamento de Galego, en colaboración co Departamento de Portugués, pensamos lembrala por medio de cinco voces amigas que, ao igual ca Rosalía, levan no bico un cantar. Agradecemos as fermosas homenaxes que nos enviaron Andrea Nunes Brións, Arancha Nogueira, Belém de Andrade, Carlos da Aira e Rochi Novoa. VER HOMENAXES
Graciñas por acompañarnos neste recordo e por permitirnos gozar unha vez máis da poesía.