Complementarias

Actividade: Mercado de Libros.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

Actividade: Día do Libro.

MERCADO SOLIDARIO DE LIBROS  

A EOI de Ourense e o Equipo de Actividades Culturais está a organizar un mercado solidario de libros de segunda man. Se tes algún libro na casa que queras doar ponlle un prezo solidario (a lápiz dentro do libro) e dallo a túa profe. Non se recollen enciclopedias. O mercado organizarase os días 24, 25 e 26 de abril. O recadado entregarase ao Banco de Alimentos de Ourense. Agradecemos a túa participación !!! VER cartel

Actividade: Encontro con Noa.

              ENTROIDO, MULLER E TRADICIÓN                                            

 Encontro con Noa Sobrino Lamas, peliqueira de Laza e Filóloga. Dia 15 de abril ás  18.00 no salón de actos da escola. Ver cartel.

Seminario Actividades de aula para Paneis Dixitais.

Durante o curso 2023-24, dentro do  Plan de Formación Permanente do Profesorado no centro levouse a cabo un Seminario de deseño de Actividades de aula para Paneis Dixitais . O profesorado participante recibiu formación por parte de Jose Pino Vázquez, profesor de informática no IES A Pinguela de Monforte de Lemos.
Asimesmo, como produto do curso, o profesorado elaborou unha proposta de actividades recollida neste libro dixital.

VIDEO1. Paises Bálticos

 VIAXE REALIZADO POR LITUANIA, LETONIA, ESTONIA E HELSINKI NA SEMANA DE ENTROIDO (10-18 FEBREIRO 2024). COMPARTIMOS ESTE VIDEO COA COMUNIDADE EDUCATIVA.

VIDEO2_LITUANIA

 

Charla: Alimentación e sustentabilidade

DIETA DIETA OMNÍVORA VS DIETA VEXETARIANA. DA TEORÍA Á PRÁCTICA


Un dos obxectivos da nosa Acreditación Erasmus+ é convertirnos nun centro máis ecolóxico. Isto pasa por incorporar a educación medioambiental e a sustentabilidade resposable ás nosas prácticas educativas. É dicir, non é suficiente con reciclar ou realizar outro tipo de prácticas, senón que cómpre EDUCAR sobre esta temática.
O xoves 22 ás 19.00 terá lugar uhna charla na escola. Partiparán 3 nutricionistas e dietistas que falarán en castelán, galego e italiano respectivamente. VER PRESENTACIÓN
A temática é como levar unha alimentación se sexa sanudable e tamén sustentable, porque xa sabedes que as dúas cousas non van sempre da man.

Actividade: Mercado.

Os días 20-21 decembro organizarase o  Mercado Solidario de Nadal. 

Pode participar toda a comunidade educativa . Se temos algo na casa (roupa, accesorios, adornos, ect NON LIBROS) que xa non usemos podemos traelo para vender no noso mercado. Hai que poñerlle un prezo cunha pegatina  e depositalo na caixa que está na entrada da escola a carón do ascensor. 
O diñeiro recadado destinarase ao banco de alimentos de Ourense. Agradecemos moito a vosa colaboración!!

Conferencia

Dia 27 novembro ás 18:00h: Conferencia no salón de actos da EOI

Actividade: Viaxe Cultural.

   VIAXE ORGANIZADO POLA EOI AOS PAISES BÁLTICOS  10-18 FEB-2024    

PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR O CARTEL, ESCANEAR O CÓDIGO QR E COMPLETAR O FORMULARIO 

PDF INFORMATIVO

Distribuir contido