Complementarias

Seminario Redes Sociais e Seguridade

"Durante o curso 2022-23, dentro do  Plan de Formación Permanente do Profesorado no centro levouse a cabo un Seminario de Comunicación en Redes Sociais e Seguridade. O profesorado participantes neste seminario recibiu charlas presenciais sobre seguridade en Redes Sociais a cargo de Efrén Varón Gil (Experto Guardia Civil en Ciberdelincuencia).
Asimesmo, como produto do curso, o profesorado participante elaborou colaborativamente unha guia con exemplos de actividades de uso das Redes Sociais na aula de linguas que é posible descargar na seguinte LIGAZÓN:".

Congreso Nacional de EOIs en Santiago.

              

 Unha nutrida representación da EOI Ourense participou no Congreso    Nacional.

Os Congresos Estatais de Escolas Oficiais de Idiomas retomaron a súa actividade bianual coa celebración do duodécimo evento. Fixérono en Santiago, cunha organización a cargo da Asociación APEOIGA. Ler o artigo de El Correo gallego (30/10).

   

Viaxe realizado a Grecia en marzo 2022.




Seminario Mindfulness

Os participantes no Seminario de Mindfulness Curso 2019-2020, decidimos proporcionar unhas prácticas para o uso discrecional do alumnado e o persoal docente desta escola. O noso seminario naceu e mantense vinculado co Plan de Convivencia do Centro, co Plan de Formación Continua do Profesorado e Prevención de Riscos Laborais.

Video Viaxe Marrocos Entroido_2019

A EOI de Ourense estivo a disfrutar dunha visita cultural a Marrocos percorrendo Casablanca, Rabat, Fez, Ouarzazate e Marrakech, cruzando a cordilleira do Atlas e realizando  unha incursión no deserto do Sahara. O grupo estivo composto por 40 membros da comunidade educativa. Unha viaxe marabillosa !!!!!!




VIDEO VIAXE A INDIA

Agarimoso recordo da viaxe cultural á INDIA que tivo lugar na semana do Entroido (10-17 febreiro 2018)

Distribuir contido