MATRÍCULA PRESENCIAL DIRECTA DO 1 DE AGOSTO Ó 7 DE SETEMBRO
As prazas libres serán adxudicadas na conserxería por orde de chegada.
As persoas que obteñan unha praza nesta adxudicación teñen prazo ata o 7 de setembro ás 12:00 para pagar as taxas correspondentes e formalizar a súa matrícula na secretaría do centro.
Para as seccións de A Ponte-IES Blanco Amor, Celanova e Ribadavia, a formalización das matrículas farase na secretaría da EOI de Ourense.
Nas seccións da escola en O Barco, O Carballiño e Verín, a formalización da matrícula realizarase a través das secretarías das propias seccións só entre o 1 e o 7 de setembro (non hai matrícula en agosto).
Vexa AQUÍ o procedemento de matrícula.
Consulte aquí a oferta de grupos
Durante o curso académico 2021-2022 aprobáronse dous novos proxectos europeos para a EOI de Ourense.
Un destes proxectos é unha asociación de aprendizaxe sobre a metodoloxía da aprendizaxe en familia. A primeira reunión terá lugar en Grecia na segunda semana de setembro. Nesta reunión imos escoller un logotipo para o proxecto, que será utilizado como parte da identidade gráfica do mesmo.
Por este motivo, informamos a toda a comunidade educativa da posibilidade de achegar unha ou varias propostas de logotipo que serán analizadas en Grecia xunto coas propostas de Grecia, Turquía, Estonia e Italia.
A condición para achegar propostas é pertencer á comunidade educativa da escola no curso 2022-2023 a data 7 de setembro.
O logotipo ten que ter as seguintes características:
As propostas enviaranse ata o 7 de setembro ao enderezo electrónico da escola: eoi.ourense@edu.xunta.gal co asunto LOGOTIPO APRENDIZAXE EN FAMILIA.
Do 15 de xullo ao 29 de Agosto non se prestará o servizo de atención personal na EOI de Ourense. Poden solicitar información no teléfono 91 108 61 01 e a través da web www.thatsenglish.com
O PRAZO DE MATRÍCULA para o curso 22-23 aínda non está aberto. É probable que comece en setembro. Anunciarase nesta mesma web.