Información sobre qué é o curso: Oferta na EOI de OURENSE, datas de comezo, funcionamento do curso e horario, quen pode acceder, prazo de inscrición e como inscribirse, documentación requirida e prezo. Ver Instrución 9/2023
Na EOI Ourense COMEZO TITORÍAS: 25 set. PROBA VIA PRESENCIAL: 20 set ás 18:00.
Prazo de matrícula aberto do 1 setembro o 31 outubro. Será preferiblemente online premendo AQUÍ .
Prazo para a realizar a proba VIA (clasificación, valoración inicial do alumno, de nivel) será o mesmo ca da matrícula. Será gratuita, e admite varias modalidades, unha online premendo AQUÍ ou presencial (falar con Secretaría de That´s en Ourense para axendala).
Non é obrigatoria (só no caso de que o alumno non teña outra forma de acceder -títulos, estudos oficiais- ou quera comenzar nun nivel determinado) e serve para que o profesorado do centro indique en que nivel se pode matrícular o alumnado.
Como novidade importante ofértase o curso EXAM PREP para preparar os EXÁMENES LIBRES de certificación de B2 (exames en Xaneiro e en Xuño). Prázo matrícula 11-22 setembro e 12 o 23 febreiro. Consultar requisitos e incompatibilidades con Secretaría. Ler máis info (actualizado 08/09)
Contactar ca secretaría de That´s English para máis información: eoi.ourense@thatsenglish.com. Teléfono: 988 366 245. Horario de atención persoal na Secretaría da EOI: Todalas mañás 8:00 a 13:00. Martes e xoves tardes de 16:00 a 18:00.
Horario de atención persoal na Secretaría da EOI. Curso 23/24
Todas as mañás 8:00 a 13:00
Martes e xoves: tardes 16:00 a 18:00
MATRÍCULA THAT'S ENGLISH -- CURSO 23/24
Setembro:
As datas de matrícula para o resto do alumnado (alumnado de outros anos anteriores ou NOVOS), e tamén os que non quixeron ou poideron en xullo, serán do 1 de setembro ao 31 de outubro de 2023, sen prexuízo de que se poida habilitar un prazo extraordinario de matrícula con posterioridade, de existiren prazas dispoñibles.
Se xa tes coñecementos previos podes realizar una proba de nivel (proba VIA) GRATUITA e VOLUNTARIA en liña premendo nesta ligazón que activaremos o primeiro día de matrícula, logo quedaríalles unha pequena entrevista oral co profesorado da EOI para saber a que curso accedes. Podes consultar o manual de realización desta proba premendo AQUÍ.
RECUPERACIÓNS E EXAMES ORDINARIA e EXTRAORDINARIA LER NOTA INFORMATIVA |
|||
EOI OURENSE |
O BARCO |
VERÍN | VIANA |
PROGRAMA DE EDUCACIÓN A DISTANCIA THAT’S ENGLISH! https://www.thatsenglish.com
O departamento de inglés ofrece a modalidade a distancia a través do That’s English. O alumnado seguirá o curso en liña ou por TVE e recibirá dous libros de texto e as claves da plataforma do programa That’s English con todos os contidos en formato dixital: audio, vídeo, libros en pdf, exercicios, dicionarios e outros recursos. No material do nivel A2 hai ademais do anterior un libro de vocabulario e gramática.
O alumnado poderá asistir a unha sesión presencial de titoría semanal de 90 minutos para a práctica da expresión oral e a resolución de dúbidas. A titoría presencial poderá complementarse con titorías telemáticas en Cisco Webex.
As ensinanzas do programa organízanse en 12 módulos segundo o seguinte esquema:
NIVEL A2 Primeiro curso: módulos A2.1 e A2.2
Segundo curso: módulos A2.3 e A2.4
NIVEL B1 Módulos B1.1 e B1.2
NIVEL B2 Primeiro curso: módulos B2.1 e B2.2
Segundo curso: módulos B2.3 e B2.4
NIVEL C1 Módulos C1.1 e C1.2
Cada módulo corresponde a un cuadrimestre a final do cal haberá una proba que determinará se o módulo está superado.
AVALIACIÓN
Os exames para os módulos impares realizaranse a principios de xaneiro. Os dos módulos básico A2.2 e intermedio B2.2 serán a mediados de maio. Antes dos exames de maio, haberá recuperacións dos módulos impares. De igual xeito, haberá unha convocatoria extraordinaria no mes de xuño na que se realizarán exames correspondentes a todos os módulos.
Ao remate dos módulos A2.4, B1.2, B2.4 e C1.2 o alumnado deberá superar as probas terminais de certificación dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 respectivamente. Estas probas son unificadas para todo o alumnado que curse ensinanzas de idiomas de réxime especial, independentemente da modalidade (presencial ou a distancia) cursada. Avaliaranse 5 actividades de lingua: lectura e comprensión, redacción, escoita e comprensión, mediación escrita e oral e produción e coprodución oral. Estas probas se realizarán nos meses de maio e xuño en convocatoria ordinaria, e no mes de xuño, en convocatoria extraordinaria, nas datas establecidas pola Consellería de Educación.
En decembro hai recuperacións dos módulos A2.2 e B2.2 para o alumnado repetidor co módulo pendente matriculado no curso seguinte, que debe superar este módulo nesta convocatoria para poder presentarse ao módulo superior.
O alumnado en posesión do título de Bacharel e que cursara inglés como primeira lingua estranxeira, poderá acceder directamente ao nivel intermedio B1. Tamén existe a posibilidade de realizar unha proba de clasificación, chamada proba VIA, a cal permitirá acceder a calquera dos seis cursos, dependendo do nivel amosado na citada proba. Terá lugar en setembro. A proba de clasificación ordinaria de lingua inglesa realizada nas EEOOII de Galicia terá a mesma consideración que a proba VIA.
O alumnado tamén poderá realizar a proba VIA en liña.
O alumnado matriculado no programa That’s English poderá matricularse na modalidade presencial o curso seguinte se así o desexa e se houbera prazas dispoñibles.