Información sobre módulos e exames CURSO 2020/21

PROGRAMA DE EDUCACIÓN A DISTANCIA THAT’S ENGLISH! CURSO 2020/21  http://www.thatsenglish.com

  O departamento de inglés ofrece a modalidade de inglés a distancia a través do método That’s English. Esta modalidade se aplica aos niveis A2, B1, B2 e C1 das ensinanzas de idiomas de réxime especial.
As ensinanzas do programa organízanse en 12 módulos segundo o seguinte esquema:
NIVEL A2        Primeiro curso: módulos A2.1 e A2.2
                    Segundo curso: módulos A2.3 e A2.4
NIVEL B1      Módulos B1.1 e B1.2
NIVEL B2        Primeiro curso: módulos B2.1 e B2.2
                     Segundo curso: módulos B2.3 e B2.4
NIVEL C1        Módulos C1.1 e C1.2

    As probas dos módulos A2.4, B1.2, B2.4 e C1.2 son as probas terminais de certificación de nivel A2, B1, B2 e C1 respectivamente. Son probas unificadas para todo o alumnado que cursa ensinanzas de idiomas de réxime especial, independentemente da modalidade cursada.
    O alumnado recibirá dous libros de texto, libro de vocabulario e gramática (nos nivéis A2) e as claves de acceso á plataforma do That’s English onde se atopa todo o contido do método. Tamén se poderá asistir a unha sesión presencial de titoría semanal de 90 minutos para a práctica da expresión oral,  resolución de dúbidas, anticipación das dificultades que poidan xurdir para axudar ao alumnado a superalas.
    Os exames para os módulos primeiros de cada curso realizaránse do 1 ó 12 de febreiro, os dos módulos A2.2,  e B2.2 serán nas duas últimas semanas de maio. Na primeira semana de maio realizaranse recuperacións e exames dos o módulos examinados en febreiro. De igual xeito, haberá unha convocatoria extraordinaria no mes de setembro na que se realizarán exames correspondentes a todos os módulos. As probas de certificación se realizarán no mes de xuño en convocatoria ordinaria, e no mes de setembro, en convocatoria extraordinaria.
O alumnado en posesión do título de Bacharel e que cursara inglés como primeira lingua estranxeira, poderá acceder directamente a B1. Tamén existe a posibilidade de realizar unha proba de clasificación, chamada Proba VIA, a cal permitirá acceder a calquera dos seis cursos, dependendo do nivel mostrado na citada proba. Hai unha Proba VIA en liña que o alumno fará no ordenador e virá a escola para facer unha entrevista oral de 10 minutos.
    A matricula está aberta ata o 15 de decembro e os interesados poden facer a Proba VIA en liña ata o dia anterior.
    O alumnado matriculado no programa That’s English poderá matricularse na modalidade presencial o curso seguinte se así o desexa e se houbera prazas dispoñibles.