KA2- FAMILY LEARNING

KA2- FAMILY LEARNING

Gañadora do concurso de logo.

       XA TEMOS LOGO GAÑADOR !!     
María Núñez Blanco, alumna da EOI Ourense, resultou gañadora no concurso convocado e o seu logo acompañará todas as publicacións do noso proxecto de acreditación Erasmus+.
Agradecemos a todos os demais participantes e queremos resaltar a calidade das achegas.

Curso: Alfabetización Dixital.

Co fin de dar cumprimento ao indicado no Plan de Dixitalización do Centro e nos obxectivos da nosa Acreditación Erasmus+, imos impartir un curso de alfabetización dixital dirixido a todo o alumnado que teña problemas neste eido. A idea é comezar dende 0 e ir avanzando pouco a pouco. VER TEMAS DO CURSO

Matrícula aberta a todo o alumnado e, especialmente, a aquel que teña serias dificultades. O horario será os venres das 18.00 ás 19.30 a partir do 12 de abril. Quedará un documento na consexería da escola para anotarse.

Concurso: Elección de Logo

Concurso para elexir un logo para o noso proxecto acreditado

2023-1-ES01-KA121-ADU000120322 Erasmus +.

 LER AS BASES DO CONCURSO

Prazo ampliado. Anímate!! Premio vale de 200 euros.

EOI na radio. Family Learning

DIFUSIÓN DOS PROXECTOS EUROPEOS ERASMUS +

Entrevista aos docentes Carmen Rodríguez, Alicia de Río e Peile Lin (28-02-2024)

EOI na prensa: Xornada Proxectos Europeos.

La Escuela Oficial de Idiomas forma sobre el aprendizaje en familia y recursos digitales. Ler artigo do Faro de Vigo 24-02-2024

 

Concurso: deseño dun logo.

Concurso para elexir un logo para o noso proxecto acreditado 2023-1-ES01-KA121-ADU000120322 Erasmus +.

LER AS BASES DO CONCURSO

Erasmus+ Mobilidade de longa duración.

ERASMUS+: unha alumna da EOI Ourense participa nunha mobilidade de longa duración no CPIA de Padua (Italia).

Do 8 de febrero ao 24 de maio de 2024, a CPIA de Padua acollerá a unha estudiante nosa que realizará una mobilidade ERASMUS+ de longa duración para estudiantes adultos. A alumna María Asunción Lorenzo Domínguez matriculada na Escola Oficial de Idiomas de Ourense, estuda italiano e durante a súa mobilidade en Padua asistirá ás clases na sede “Diego Valeri”. Ler AQUÍ mais información.

Desde a EOI agardamos que a estancia sexa fructífera e estimulante para a nosa alumna.

Xornadas CFR EOI

O día 24 de febreiro celebraranse na EOI unhas xornadas organizadas polo CFRPrema na imaxe. 

 

Certificación de 8 horas de formación. Faremos unha recapitulación dos resultados obtidos a través dos nosos proxectos europeos. Esta é unha oportunidade para que toda a comunidade educativa se informe sobre aspectos como a incorporación dos recursos dixitais ao ensino, a concienciación medioambiental desde a escola ou a conciliación entre estudos e familia no alumnado adulto. Ofreceremos un xantar na propia escola.

VER PROGRAMA DETALLADO

Proxectos Europeos. III Reunión de Coordinación.

Nuestra directora Nancy Casielles participa en Turquía en la III Reunión de coordinación del proyecto Family Learning, en la q se está planificando el tercer producto intelectual y también el evento multiplicador. 

Distribuir contido