Curso: Alfabetización Dixital.

Co fin de dar cumprimento ao indicado no Plan de Dixitalización do Centro e nos obxectivos da nosa Acreditación Erasmus+, imos impartir un curso de alfabetización dixital dirixido a todo o alumnado que teña problemas neste eido. A idea é comezar dende 0 e ir avanzando pouco a pouco. VER TEMAS DO CURSO

Matrícula aberta a todo o alumnado e, especialmente, a aquel que teña serias dificultades. O horario será os venres das 18.00 ás 19.30 a partir do 12 de abril. Quedará un documento na consexería da escola para anotarse.