Certificados e títulos

*

CERTIFICACIÓN ACADÉMICA DE EXPEDIENTE

Pode solicitar unha certificación académica de expediente de xeito gratuíto na secretaría da escola ou no correo eoi.ourense.matricula@edu.xunta.gal.

Teña en conta que a tramitación destes documentos pode levar varios días, especialmente en períodos de matrícula ou exames.

 

CERTIFICADOS DE NIVEL

Os certificados de nivel pódense obter unha vez o superado o nivel correspondente. Son de dous tipos:

A. DIPLOMAS DOS NIVEIS A2, B1 e C1 (este último ata o curso 2017/2018 incluído)

A EOI emite estes certificados de oficio unha vez rematado o curso académico. Son gratuítos.

 

B. TITULOS DOS NIVEIS B2, C1 (a partir do curso 2018/2019) e C2 

Estes títulos emíteos a Xunta de Galicia, previa solicitude do interesado na secretaría do centro onde se cursaron e o pagamento da taxa correspondente.

Para solicitar este título deberá entregar na secretaría:

1. O formulario de solicitude  (un formulario por idioma e nivel)

2. Copia do DNI

3. O xustificante de pago da taxa correspondente.

Prezo: 25,91 € ; familia numerosa xeral 12,97 €; familia numerosa especial 0 € 

Os códigos de tramitación  son:

Consellería de Cultura, Educación e Universidade: 07

Delegación de Servizos Centrais: 13

Servizo de Ensino Medio: 03

Taxa: Expedición de títulos académicos e profesionais: 302003   (302001 se é LOGSE)

             Vexa aquí como pagar as taxas     

      Vexa aquí un exemplo de formulario de taxas

 

Estes títulos de nivel tardan 2-3 anos en expedirse. A escola informará aos solicitantes cando estean dispoñibles. Recorde que, na maioría dos casos, pode acreditar o seu nivel presentando unha certificación académica de expediente.

Distribuir contido