eTwinning

Proxecto eTwinning: The Game Way.

A EOI de Ourense acada un novo Selo de Calidade Nacional eTwinning
O proxecto eTwinning titulado The Game Way e desenvolvido durante o curso 2022-2023 polas profesoras Patricia Conde, Alicia del Río, Marta Hernández e Nancy Casielles en colaboración co Liceo Scientifico G. Banzi Bazoli de Lecce (Italia) e alumnado de ambos centros, ven de acadar o Selo Nacional de Calidade, que se une ao xa acadado durante o mesmo período polo proxecto Nach Frauen benannte Strassen, desenvolido polas profesoras Patricia Conde, Carmen Rodríguez e Sandra Sanmiguel.
Parabéns para as profesoras e o alumnado participante.

Selo Nacional de Calidade para o proxecto "Nach Frauen benannte Strassen".

No curso 2022-23 a profesora Carmen Rodríguez, do departamento de alemán, e as profesoras Sandra Sanmiguel e Patricia Conde, do departamento de inglés, desenvolveron un proxecto eTwinning  titulado "Nach Frauen benannte Strassen"  en colaboración co Liceo científico Banzi Bazoli de Lecce en Italia e a Escola de Economía e Biotecnoloxía de Slavonski Brod en Croacia. O devandito proxecto ven de ser galardoado co Selo Nacional de Calidade eTwinning.  Aquí compartimos a presentación:

Plan Proxecta+ The Way Game.

Durante o curso 2022-23 as profesoras Nancy Casielles, Alicia del Rio, Marta Hernández e PatriciaConde participaron nun proxecto eTwinning en colaboración co Liceo científico G. Banzi Bazoli de Lecce en Italia. Este proxecto desenvolveuse dentro do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia na modalidade "Patrimonio cultural europeo en colaboración co programa eTwinning". Compartimos esta presentación:

A EOI Ourense recoñecida eTwinning School.

EOI Ourense vén de obter a distinción de eTwinning School 23-24 xunto con outros cinco centros galegos. Deste xeito, o noso centro é recoñecido como líder no desenvolvemento de proxectos eTwinning, nos que levamos participando dende o curso 2019-2020 co obxectivo de acadar a internacionalización da EOI.Estes proxectos promoven o contacto con outro alumnado e profesorado europeo, permitindo o coñecemento da realidade europea e o emprego das linguas de estudo nun contexto real de comunicación internacional.Os centros eTwinning:
Contan con recoñecemento no ámbito europeo como modelos de uso de eTwinning e forman unha rede de centros educativos punteiros que inspirará o futuro desenvolvemento destes programas.
Contan cunha gran visibilidade no ámbito europeo e coa posibilidade de incluir o seu selo de centro eTwinning en todos os seus materiais de comunicación e informativos.
Son recoñecidos como centros punteiros en:
        Uso de ferramentas dixitais.
        Prácticas de seguridade en liña.
        Enfoques didácticos innovadores e creativos.
        Fomento do desenvolvemento profesional continuado do persoal.
        Fomento das prácticas de aprendizaxe cooperativa co persoal e alumnado.
Os centros así recoñecidos participan en programas de desenvolvemento profesional específicos e poden interactuar nun grupo eTwinning para poñer en común as boas prácticas, para colaborar entre sí e para asistir a actividades en liña dedicadas.
O noso centro leva participando en distintos proxectos eTwinning durante os últimos cinco cursos. Poden consultarse na web da EOI. Moitas grazas!

Mes da Muller. Proxecto eTwinning.

O grupo de profesoras que participan no proxecto Nach Frauen benannte Strassen | Female Street Names
quere dar as grazas ao alumnado e ao profesorado que participou na creación da nube de palabras co gallo da celebración do día da muller. Aquí tedes a nube final con todas as vosas contribucións: Preme na imaxe.
 

Colaboración proxecto eTwinning. Actividade

O proxecto trata sobre mulleres que deron nome ás rúas das nosas cidades, e participan tamén escolas de Italia, Polonia e Croacia. Querémosvos pedir que nos axudedes a crear unha nube de palabras coa palabra muller nos distintos idiomas que impartimos na escola, ou noutros que podades coñecer. A actividade estará aberta todo o mes de marzo. Só hai que premer nesta imaxe.

Publicación da profesora Patricia Conde.

O curso 21-22 a nosa compañeira de inglés Patricia Conde coordinou un proxecto eTwinning na nosa EOI. Dada a súa calidade como proxecto de innovación, a Consellería pediulle que redactara un artigo falando desa experiencia para publicalo na revista Eduga. Podedes ler o artigo neste ENLACE
Aproveitamos para dar os nosos parabens á coordinadora, Patricia Conde, e as participantes no proxecto, Nancy Casielles e Alicia Del Río!
 #eTwinning #ErasmusPlus #PlanProxecta @EoiOurense

Medieval European Towns - Selo Nacional de Calidade

No curso 2021-22 as profesoras Nancy Casielles, Alicia del Rio e Patricia Conde desenvolveron un proxecto eTwinning dentro do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia na modalidade "Patrimonio cultural europeo en colaboración co programa eTwinning". Tamén participaron a Escola de Segunda Oportunidade de Kalamata  en Grecia, o Liceo científico Banzi Bazoli de Lecce en Italia e a Escola Profesional Beira-Aguieira de Coimbra en Portugal. O devandito proxecto ven de ser galardoado co Selo Nacional de Calidade eTwinningAquí compartimos a presentación:

 

Deutsch in Dialogen - Proxecto eTwinning

Durante este curso a profesora Carmen Rodríguez Alonso levou a cabo co seu alumnado de Alemán-A2 na EOI de Ourense un proxecto eTwinning titulado "Deutsch in Dialogen" no que temén participaron a Escola Oficial d'Idiomes del Prat en Barcelona e o Liceum ogólnokształcące.  Na recta final do seu proxecto o alumnado quere compartir algunhas pinceladas do traballo levado a cabo:

Distribuir contido