eTwinning

Colaboración proxecto eTwinning. Actividade

O proxecto trata sobre mulleres que deron nome ás rúas das nosas cidades, e participan tamén escolas de Italia, Polonia e Croacia. Querémosvos pedir que nos axudedes a crear unha nube de palabras coa palabra muller nos distintos idiomas que impartimos na escola, ou noutros que podades coñecer. A actividade estará aberta todo o mes de marzo. Só hai que premer nesta imaxe.

Publicación da profesora Patricia Conde.

O curso 21-22 a nosa compañeira de inglés Patricia Conde coordinou un proxecto eTwinning na nosa EOI. Dada a súa calidade como proxecto de innovación, a Consellería pediulle que redactara un artigo falando desa experiencia para publicalo na revista Eduga. Podedes ler o artigo neste ENLACE
Aproveitamos para dar os nosos parabens á coordinadora, Patricia Conde, e as participantes no proxecto, Nancy Casielles e Alicia Del Río!
 #eTwinning #ErasmusPlus #PlanProxecta @EoiOurense

Medieval European Towns - Selo Nacional de Calidade

No curso 2021-22 as profesoras Nancy Casielles, Alicia del Rio e Patricia Conde desenvolveron un proxecto eTwinning dentro do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia na modalidade "Patrimonio cultural europeo en colaboración co programa eTwinning". Tamén participaron a Escola de Segunda Oportunidade de Kalamata  en Grecia, o Liceo científico Banzi Bazoli de Lecce en Italia e a Escola Profesional Beira-Aguieira de Coimbra en Portugal. O devandito proxecto ven de ser galardoado co Selo Nacional de Calidade eTwinningAquí compartimos a presentación:

 

Deutsch in Dialogen - Proxecto eTwinning

Durante este curso a profesora Carmen Rodríguez Alonso levou a cabo co seu alumnado de Alemán-A2 na EOI de Ourense un proxecto eTwinning titulado "Deutsch in Dialogen" no que temén participaron a Escola Oficial d'Idiomes del Prat en Barcelona e o Liceum ogólnokształcące.  Na recta final do seu proxecto o alumnado quere compartir algunhas pinceladas do traballo levado a cabo:

Viaxe a Coimbra

Visita do alumnado e profesorado da EOI Ourense á Escola Profissional Beira-Aguieira (Portugal) dentro do Proxecto e-Twinning. Ver infografía.

Dpto Alemán: Proxecto eTwinning

Na EOI de Ourense  neste curso estase a levar a cabo un proxecto eTwinning dentro do dpto de Alemán coa participación da profesora Carmen Rodríguez Alonso en colaboración co Liceum Ogólnokształcące Sióstr Urszulanek en Polonia e a EOI de El Prat de Llobregat en Cataluña.
Prema na imaxe para ver á infografía.

Visita a Kalamata (Grecia)

Esta visita  de alumnado e profesorado forma parte do Proxecto eTwinning (marzo 2022). Prema na imaxe para ver presentación.

Sello de Calidad eTwinning

RECOÑECEMENTO DE EXCELENCIA POLO PROXECTO "CARNIVAL MEMORIES"

Proxectos eTwinning Galardoados


  

  SELO NACIONAL DE CALIDADE

Neste curso 20-21 na EOI Ourense desenvolvéronse dous proxectos dentro do Programa eTwinning Erasmus+ titulados “Carnival Memories” e “Unstereotyping Europe with Asterix”. Ambos  foron galardoados con selo nacional de calidade eTwinning en España.
Ademais Asterix obtivo selo de calidade en Portugal e  Italia.

        

Implementación Proxectos eTwinning

Prema no recadro para ler este interesante e proveitoso artículo escrito por Nancy Casielles (EOI Ourense) e Carmen Mª Fernández (EOI A Coruña).

Distribuir contido