KA2- FAMILY LEARNING

KA2- FAMILY LEARNING

Proxectos Europeos.Info

INFORMACIÓN SOBRE KA2-FAMILY LEARNING.

 Programa Europeo no que participa a EOI Ourense e outras institucións. Publicamos este boletín en inglés e galego. 

IFTING ADULT EDUCATION BARRIERS: PURPOSE, PARTNERS, MEETINGS

Difusión na Radio

A EOI aposta polos Programas Europeos Erasmus +
A Escola Oficial de Idiomas de Ourense acadou a acreditación Erasmus + e comeza unha campaña de recollida de axuda humanitaria para o pobo turco. Contáronolo en Más de Uno Ourense os docentes Peile Lin, Alba Ramos, Carmen Rodríguez e Alicia del Río. 

Celebración dos ERASMUS DAYS na EOI Ourense

Para celebrar os Erasmus Days achégate ao noso novo recuncho Erasmus+. Ponte cómodo e infórmate dos proxectos Europeos nos que participa a túa EOI.

Reunión Coordinación

Reunión das participantes en Proxectos Europeos na EOI Ourense en setembro 2022.

PRIMEIRA REUNIÓN DO EQUIPO DE DIFUSIÓN

Reunión en setembro 2022 na EOI de Ourense para organizar a difusión dos proxectos europeos

Concurso de Logotipos para Proxecto Europeo.

Durante o curso académico 2021-2022  aprobáronse dous novos proxectos europeos para a EOI de Ourense.
Un destes proxectos é unha asociación de aprendizaxe sobre a metodoloxía da aprendizaxe en familia. A primeira reunión terá lugar en Grecia na segunda semana de setembro. Nesta reunión imos escoller un logotipo para o proxecto, que será utilizado como parte da identidade gráfica do mesmo.
Por este motivo, informamos a toda a comunidade educativa  da posibilidade de achegar unha ou varias propostas de logotipo que serán analizadas en Grecia xunto coas propostas de Grecia, Turquía, Estonia e Italia.
A condición para achegar propostas é pertencer á comunidade educativa da escola no curso 2022-2023 a data 7 de setembro.
O logotipo ten que ter as seguintes características:

  1.     Debe estar relacionado coa temática do proxecto.
  2.     Debe achegarse en formato vectorizado.
  3.     Debe ter fondo transparente.

As propostas enviaranse ata o 7 de setembro ao enderezo electrónico da escola: eoi.ourense@edu.xunta.gal co asunto LOGOTIPO APRENDIZAXE EN FAMILIA.

Reunión 7 xullo 2022

VIDEO EXPLICATIVO SOBRE PROXECTOS EUROPEOS DA EOI OURENSE




Distribuir contido