Difusión Proxecto Europeo levado a cabo en TALLIN do 20 ao 22 de xuño 2022. A profesora Alicia del Río participou neste congreso. Ver infografía.
O día 17 de setembro deu comezo o segundo curso académico de implementación do Consorcio SBLENDID, no que participan as EEOOII de Galicia a través do Programa Erasmus+
Durante o curso académico 2021-2022 aprobáronse dous novos proxectos europeos para a EOI de Ourense.
Un destes proxectos é unha asociación de aprendizaxe sobre a metodoloxía da aprendizaxe en familia. A primeira reunión terá lugar en Grecia na segunda semana de setembro. Nesta reunión imos escoller un logotipo para o proxecto, que será utilizado como parte da identidade gráfica do mesmo.
Por este motivo, informamos a toda a comunidade educativa da posibilidade de achegar unha ou varias propostas de logotipo que serán analizadas en Grecia xunto coas propostas de Grecia, Turquía, Estonia e Italia.
A condición para achegar propostas é pertencer á comunidade educativa da escola no curso 2022-2023 a data 7 de setembro.
O logotipo ten que ter as seguintes características:
As propostas enviaranse ata o 7 de setembro ao enderezo electrónico da escola: eoi.ourense@edu.xunta.gal co asunto LOGOTIPO APRENDIZAXE EN FAMILIA.
Difusión Proxecto Europeo levado a cabo en Viena do 30 de marzo ai 1 de abril. Participantes: CAFI. e as EOIs de Ourense, Monforte, Vigo e Coruña.
Difusión do curso on-line Blended learning (Aprendizaxe mixto) que terá lugar do 14 ao 18 de decembro 2020 . Este curso é unha das mobilidades incluidas no Proxecto Europeo Sblendid organizado polo CAFI.