Concurso de Logotipos para Proxecto Europeo.

Durante o curso académico 2021-2022  aprobáronse dous novos proxectos europeos para a EOI de Ourense.
Un destes proxectos é unha asociación de aprendizaxe sobre a metodoloxía da aprendizaxe en familia. A primeira reunión terá lugar en Grecia na segunda semana de setembro. Nesta reunión imos escoller un logotipo para o proxecto, que será utilizado como parte da identidade gráfica do mesmo.
Por este motivo, informamos a toda a comunidade educativa  da posibilidade de achegar unha ou varias propostas de logotipo que serán analizadas en Grecia xunto coas propostas de Grecia, Turquía, Estonia e Italia.
A condición para achegar propostas é pertencer á comunidade educativa da escola no curso 2022-2023 a data 7 de setembro.
O logotipo ten que ter as seguintes características:

  1.     Debe estar relacionado coa temática do proxecto.
  2.     Debe achegarse en formato vectorizado.
  3.     Debe ter fondo transparente.

As propostas enviaranse ata o 7 de setembro ao enderezo electrónico da escola: eoi.ourense@edu.xunta.gal co asunto LOGOTIPO APRENDIZAXE EN FAMILIA.