Actividade: Mercado.

Os días 20-21 decembro organizarase o  Mercado Solidario de Nadal. 

Pode participar toda a comunidade educativa . Se temos algo na casa (roupa, accesorios, adornos, ect NON LIBROS) que xa non usemos podemos traelo para vender no noso mercado. Hai que poñerlle un prezo cunha pegatina  e depositalo na caixa que está na entrada da escola a carón do ascensor. 
O diñeiro recadado destinarase ao banco de alimentos de Ourense. Agradecemos moito a vosa colaboración!!