Matrícula clasificación

Matrícula nas probas de clasificación. Aberta ata o 25 de agosto.

Se ten coñecementos do idioma pero non pode certificalos documentalmente, matricúlese nas probas de clasificación para entrar no nivel que lle corresponde. Toda a información aquí.

Información xeral (Clasificación)

►O prazo de matrícula publicarase coa debida antelación.

►Teñen como obxectivo determinar o curso no que resulte máis axeitada a incorporación do alumnado, en función dos coñecementos que posúa.

►Pode realizalas o novo alumnado que vaia optar polas ensinanzas de réxime presencial na EOI.

►Tamén poden realizalas as persoas que cursaran estudos no idioma e que non se tiveran matriculado en réxime oficial nin en That’s English nos dous cursos precedentes. Este alumnado deberá ter en conta que se o resultado da proba lle dá acceso a un curso que xa superara nese idioma, non poderá cursalo de novo, polo que o resultado da proba non terá efecto.

►Os aspirantes deben ter 16 anos ou cumprilos antes do 31 de decembro do ano en curso se se queren matricular na 1ª lingua cursada no ensino secundario obrigatorio, pero pódense tamén matricular con 14 anos naqueles idiomas que non cursasen como 1ª lingua estranxeira no ensino secundario obrigatorio.

Distribuir contido