Cambio de grupo

Cambio de grupo

Os cambios de grupo, en ningún caso, presuporán traslado entre a sede de Ourense e as súas seccións delegadas. Para cambiar dunha sección a outra ou á sede de Ourense e viceversa, haberá que solicitar un traslado de expediente na secretaría da EOI.
1.- GRUPOS ANUAIS

 2ª quenda: a partir do 19 de novembro de 2020, o alumnado que o precise poderá solicitar cambio de grupo en calquera momento, directamente na secretaría da EOI de Ourense (para a sede central de Ourense e a Sección da Ponte). Achegará, debidamente cuberto, en horario de 09.00 a 14.00, o impreso de solicitude que pode pedir na conserxería ou imprimir aquí. Se houber prazas dispoñibles no grupo solicitado, seralle concedido automaticamente.

No caso das Seccións de Celanova, O Barco, O Carballiño, Ribadavia e Verín, dirixirase directamente á Xefatura de Estudos da Sección.

     Non obstante, excepcionalmente, non se poderán solicitar cambios de grupo durante os seguintes períodos coincidentes coas avaliacións:

- Do 15/01 ata o 10/02 de 2021

- Despois do 04/05 de 2021

 2.- GRUPOS INTEGRADOS (só PORTUGUÉS):
Se se pretende cambiar dun grupo integrado a un anual ou viceversa, a solicitude farase de xeito presencial na secretaría do centro (Pode recoller un impreso na conserxería da EOI ou imprimir aquí). Unha vez cubertos os datos, deberá entregala no rexistro da secretaría nos mesmos prazos indicados para os cursos anuais, en horario de 09.00 a 14.00.

Distribuir contido