Dereitos e Deberes

Alumnado Oficiais Dereitos e Deberes

           A regulación dos dereitos e deberes do alumnado das escolas oficiales de idiomas ateranse á seguinte normativa:

  • Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE). Disposición Final Primeira na que se modifica o artigo 6 da Lei Orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do Dereito á Educación (LODE).
  • Real decreto 732/1995, de 5 de mayo, polo que se establecen os dereitos e deberes do alumnado e as normas de convivencia nos centros.
  • Ver Plan de convivencia - 2022

Art. 1 Son dereitos do alumnado oficial :

  •   Recibir un ensino de acordo coa programación didáctica dos departamentos docentes. 
  •   Ser avaliados de maneira obxectiva. Para iso, os distintos departamentos, deberán darlles publicidade aos criterios polos que o alumnado será avaliado, cualificado e promocionado. O profesorado deberá, con este fin, manter informado o alumnado acerca da evolución dá súa aprendizaxe.
  •   Participar nas actividades docentes escolares, extraescolares e complementarias do centro e recibir a información para iso a través das canles ordinarias, é dicir, na aula por parte do profesorado, taboleiros de anuncios e páxina web do centro.
  •   Poder participar, en calidade de voluntarios, na organización das actividades do centro. 
  •   Utilizar todas as instalacións e servizos do centro segundo a finalidade propia de cada un deles, no horario establecido. 
  •   Participar no goberno e administración do centro a través dos representantes legalmente elixidos. 
  •   Elixir os seus representantes no Consello Escolar e os delegados de grupo. 
  •   Poder reunirse para actividades escolares ou culturais non lucrativas nos espazos e horarios asignados pola xefatura de estudos, logo da petición por escrito, tendo en conta o normal desenvolvemento das actividades do centro. Deberá haber un responsable que garanta a correcta utilización das instalacións. 
  •   Constituír asociacións con fins culturais e de defensa dos propios intereses, que poderán recibir axudas nos termos previstos na lexislación vixente. A xefatura de estudos facilitará os espazos adecuados para as súas reunions, sempre que non alteren os horarios e actividades lectivas do centro. 
  •   Calquera outro recoñecido nas disposicións vixentes.
  • Calquera falta de entendemento entre o profesorado e o alumnado resolverase na aula, actuando o delegado do grupo como intermediario, sobre a base do diálogo, a mutua colaboración e o sentido común. Se a falta de entedemento persistise, solicitarase a mediación da xefatura de estudos.
  • As datas das probas da convocatoria ordinaria de xuño e da extraordinaria de setembro non poderán ser modificadas en ningún caso xa que se trata de probas globais unificadas para o alumnado oficial e libre.
  • O alumno poderá informarse por teléfono sobre ausencias e incorporacións do profesorado.

Art. 2 Son deberes do alumnado oficial :

  •   Asistir ás clases e demais actividades lectivas nas que se matricularon.
  •   Facer bo uso das instalacións do centro, así como colaborar na súa limpeza e conservación. 
  •   Respectar a boa orde académica, así como ao persoal docente e non docente adscrito ao centro. 
  •   Durante os períodos lectivos, o alumnado non permanecerá nos corredores. 
  •   Devolver todo o material obxecto do préstamo no estado de conservación no que o recibiron, e nos prazos establecidos. En caso contrario aplicaranse as correccións correspondentes. 
  •   Presentar documentación acreditativa, sempre que lle sexa requirido polo persoal do centro, para os efectos de identificación e verificación de datos académicos e persoais.
Distribuir contido