A Escola Oficial de Idiomas de Lugo

A Escola Oficial de Idiomas de Lugo é un centro docente público que imparte as ensinanzas de idiomas de réxime especial establecidas no artigo 59 da Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, de educación (LOMLOE).

Os idiomas que se imparten na actualidade neste centro son: alemán, chinés, francés, galego, inglés, italiano e portugués.

Os proxectos Erasmus+ están entre as nosas prioridades. queres poñerte en contacto con nós? O noso OID é: E101605553

O noso centro celebrou no curso 2012-2013 o seu 25 aniversario. Coincidindo con este aniversario, a Consellaría de Cultura, Educación e ordenación Univeersitaria da Xunta de Galicia abríu a primeira extensión desta escola en Sarria. As seccións das escolas oficiais de idiomas son extensións destas localizadas en instalacións fóra das propias escolas, na mesma ou en distinta localidade. Nestas seccións poderanse impartir todas as ensinanzas das escolas oficiais de idiomas.

A súa organizacion e funcionamento recóllese no Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia que establece o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, desenvolvido pola Orde do 5 de agosto de 2011.

A EOI de Lugo, xunto coas demais escolas oficiais de idiomas galegas, pertence á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e fai parte da rede de EOIs de todo o Estado.