Skip to Content

Animación á lectura

ACTIVIDADES DO MES DE ABRIL 2017: MES DOS LIBROS

Estas son algunhas das actividades que realizamos durante o mes dos libros deste ano:

- Exposición e intercambio de libros

- Cestas con libros na hora do recreo

- Padriños e madriñas lectores

- O meu libro favorito: todos os nen@s debuxaron a portada do seu libro favorito.

- Animación á lectura con contos moi variados:

  • Las jirafas no pueden bailar

  • Voy a comedte

  • La ardilla miedosa

  • El pez arcoiris. Pincha na imaxe para ver todo.

 - Fixeron un libro de plantas aromáticas

- Na escola de San Paio, a mamá de Joel contoulles un conto en alemán e crearon o libro de "Oso ten frío". Pincha na imaxe.

Tamén dende a materia de música elaboraron un libro dos instrumentos feitos con materiais de refugallo

ANIMACIÓN Á LECTURA

Na escola de San Cristovo estiveron traballando varios contos:

- "O monstro de cores" non sabe o que lle pasa, fíxose un lío coas emocións e agora tócalle desfacer o embrollo. Unha historia sinxela e divertida de Anna Llenas que introduce a pequenos e maiores na fascinante linguaxe das emocións.

- "Colores" de Herve Tullet. Un descubrimento de libro interactivo que invita aos nen@s a experimentar coas cores, oscurecéndoas, aclarándoas, mezclándoas, descubríndoas... Foi coma recibir unha clase de pintura co mellor profesor, o que desafía ao alumno, acompáñao e o aplaude. Desfrutaron moito.

- "El gran, gran dinosaurio" de Richard Byrne. Conta como un gran dinosaurio, moi fanfarrón, aprende a compartir e fai moi, moi bos novos amigos.

- "Vaya rabieta" de Mireille dÁllancé. Un conto para traballar os enfados.

 

OS NOSOS TRABALLOS DO 25 DE NOVEMBRO

Estes son algúns dos traballos que fixemos nas nosas aulas para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

HISTORIA DUNHA LATA

Neste curso  o noso proxecto xira en torno a Reciclaxe. Para ir comenzando, traballamos o conto Historia dunha lata. Estes son algúns dos debuxos que fixeron os máis maiores

ABECEBICHOS

Mirade que debuxos tan bonitos fixeron do libro que estiveron lendo os nosos alumn@s

 

COCORICO

Na escola de San Paio estiveron traballando co conto de Cocorico, se pinchades na imaxe podedes ver todo o seu traballo.

A QUE SABE A LÚA

Na escola de San Cristovo traballaron co conto de Michael Grejniec as características dos animais e os valores tan importantes como a cooperación, a empatía e o respecto. Tamén o interpretaron de distintas maneiras.

Pincha na imaxe para ver todo o que fixeron

 

RESUMO ACTIVIDADES DO MES DE ABRIL

O mes de abril foi moi especial, debido as diversas actividades que tiñamos previstas no noso cole.

Na seguinte presentación podedes ver as diferentes exposicións de libros, os libros no patio na hora do recreo, aos alumn@s de 1º e 2º curso lerlles aos máis pequenos,...

 
Fixeron unha lectura de Don Quixote
 
 
Tamén rematamos o Abecedario da Natureza
 
Fixémoslle o carnet da Biblioteca Pública de Ribadavia aos alumnos de 3 anos
 
 
Tamén sacamos fotos con Don Quixote e Sancho Panza na Biblioteca Pública de Ribadavia
 
Entregamos os pasaportes lectores
 
Elaboramos uns marcapáxinas moi chulos
 
Tamén fixemos a III Asentada pola lectura na Praza Maior de Ribadavia e un bookcrossing especial no Castelo de Ribadavia. Pinchade na foto para acceder a Carrilana Dixital e poder ver todas as fotos.
 
 

A CIGARRA E A FORMIGA

Os nen@s da Escola de San Paio fixeron unha adaptación da fábula "A cigarra e a formiga". Mirade que bonito lles quedou.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Un curso máis puxemos en marcha as mochilas viaxeiras que tanto lle gustan aos nosos alumnos/as. Este curso circulan 5 mochilas polas nosas escolas.

 A continuación podedes ver os traballos que realizaron as familias ou o alumnado sobre o material que ía nas diferentes mochilas

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut