Skip to Content

Animación á lectura

HISTORIA DUNHA LATA

Neste curso  o noso proxecto xira en torno a Reciclaxe. Para ir comenzando, traballamos o conto Historia dunha lata. Estes son algúns dos debuxos que fixeron os máis maiores

ABECEBICHOS

Mirade que debuxos tan bonitos fixeron do libro que estiveron lendo os nosos alumn@s

 

COCORICO

Na escola de San Paio estiveron traballando co conto de Cocorico, se pinchades na imaxe podedes ver todo o seu traballo.

A QUE SABE A LÚA

Na escola de San Cristovo traballaron co conto de Michael Grejniec as características dos animais e os valores tan importantes como a cooperación, a empatía e o respecto. Tamén o interpretaron de distintas maneiras.

Pincha na imaxe para ver todo o que fixeron

 

RESUMO ACTIVIDADES DO MES DE ABRIL

O mes de abril foi moi especial, debido as diversas actividades que tiñamos previstas no noso cole.

Na seguinte presentación podedes ver as diferentes exposicións de libros, os libros no patio na hora do recreo, aos alumn@s de 1º e 2º curso lerlles aos máis pequenos,...

 
Fixeron unha lectura de Don Quixote
 
 
Tamén rematamos o Abecedario da Natureza
 
Fixémoslle o carnet da Biblioteca Pública de Ribadavia aos alumnos de 3 anos
 
 
Tamén sacamos fotos con Don Quixote e Sancho Panza na Biblioteca Pública de Ribadavia
 
Entregamos os pasaportes lectores
 
Elaboramos uns marcapáxinas moi chulos
 
Tamén fixemos a III Asentada pola lectura na Praza Maior de Ribadavia e un bookcrossing especial no Castelo de Ribadavia. Pinchade na foto para acceder a Carrilana Dixital e poder ver todas as fotos.
 
 

A CIGARRA E A FORMIGA

Os nen@s da Escola de San Paio fixeron unha adaptación da fábula "A cigarra e a formiga". Mirade que bonito lles quedou.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Un curso máis puxemos en marcha as mochilas viaxeiras que tanto lle gustan aos nosos alumnos/as. Este curso circulan 5 mochilas polas nosas escolas.

 A continuación podedes ver os traballos que realizaron as familias ou o alumnado sobre o material que ía nas diferentes mochilas

 

 

PROGRAMACION ABRIL 2016: MES DOS LIBROS

- 2 DE ABRIL: A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia organiza o Sabado, 2 de abril, as 16:30 h na Igrexa da Magdalena, un espectáculo infantil titulado "O traxe novo do rei" da man de Títeres Tarabelos, para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

- DO 20 AO 30 DE ABRIL: Exposición e intercambio dos libros preferidos dos nosos alumnos; cestas con libros no patio na hora do recreo; Padriños e Madriñas lectores (os nenos e nenas de 1º e 2º curso de primaria leranlle aos máis pequenos as súas lecturas favoritas), ademais da elaboración do Abecedario da natureza.

- 22 DE ABRIL: entrega de agasallos (marcapáxinas, texto de Pedro Feijoo "Os libros son para valentes, pases ao liberespazo,...).

- 23 DE ABRIL: O sábado, 23 de abril é o Dia do Libro, e a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, coma sempre festexao cos mais cativos, para fomentar o uso da biblioteca e a lectura. Ista vez será as 18:00 h. na Casa da Cultura da man de Trécola Teatro, que traeran o contacontos "Madame Bechamel e Signorina Bolognesa". Asi que ....anirmarvos a pasar un rato divertido e quizais gañedes algúns dos libros que sortean.

- 26 DE ABRIL: III Asentada pola lectura na Praza Maior de Ribadavia, debido ao IV pasamento de Miguel de Cervantes, faremos unha lectura continuada de El Quijote. Ademais faremos un "bookcrossing" especial no Castelo de Ribadavia.

2 DE ABRIL 2016: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Achégase abril, o mes dos libros (como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares) e as primeiras actividades específicas para este mes arredor do libro e a lectura aparecen arredor do 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.

Nesta ocasión, a sección de Ibby do Brasil foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, da escritora brasileira Luciana Sandroni, recrea a fascinación que pode exercer unha biblioteca  nunha pequena lectora e o estímulo que os contos supoñen para a imaxinación de quen se deixa levar polo poder da lectura. O debuxante e ilustrador brasileiro Ziraldo pon a imaxe a este cartel cunha sinxeleza e evocación só propias dos grandes artistas.

14-18 DE MARZO: 2ª SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA

En colaboración coa Diputación de Ourense, nesta semana traballamos co libro "Dona Pinga e Don Carballo fan amizade".

Distribuir contido


by Dr. Radut