Novas de interese

Contacontos

Festexamos as nosas letras de moitas maneiras. Nesta ocasión, tivemos a sorte de contar ca presenza dunha extraordinaria contacontos: Fátima Fernández. Nenos e nenas, dende infantil ata primaria, ficaron enfeitizados polas historias que percorreron o territorio da nosa biblioteca.

Festexamos as nosas letras con Mini e Mero

Este ano escollemos unha maneira especial de celebra-las nosas letras. Para iso, contamos coa colaboración de Mini e Mero que nos ofreceron un fermoso concerto nun tamén fermoso escenario: O Mosteiro de Ferreira de Pallares.

Grazas aos que fixeron posible este inesquecible día.

E para compartilo con tod@s, deixamos un breve video, resumo das moitas sensacións vividas.

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

navega con rumbo

No CPI Tino Grandío, reflexionamos sobre o uso asisado da internet, dentro do programa: "Navega con Rumbo"

O cazo de Lorenzo

Nenas e nenos de 2º do CPI Tino Grandío veñen de elaborar un fermoso conto, ilustrado cos seus propios debuxos e mailas súas voces. Para todo iso contaron coa axuda da súa mestra Marta. Que o desfrutedes!

 Titúlase: "O cazo de Lorenzo"

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

Correlíngua 2017

Un ano máis o CPi Tino Grandío estivo presente no Correlíngua. Alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria celebrou na compaña doutros centros da provincia esta festa da língua, da nosa língua, baixo o lema: O galego. Sen cancelas

plan proxecta: plan deportivo de centro

No CPI Tino Grandío, dentro do plan deportivo de centro, estanse a organizar unha gran variedade de actividades. Neste caso tocoulle ao fútbol sala e á indiaca.

helicicultura e lumbricultura no tino grandío

A profesora Teresa RodrígueZ da USC impartiu no Tino Grandío unha charla sobre Helicultura (caracois) e Lumbricultura (miñocas) dirixida a todo o alumnado da ESO. 

Distribuir contido