Actividades

Actividades relacionadas coa biblioteca

Contacontos

Festexamos as nosas letras de moitas maneiras. Nesta ocasión, tivemos a sorte de contar ca presenza dunha extraordinaria contacontos: Fátima Fernández. Nenos e nenas, dende infantil ata primaria, ficaron enfeitizados polas historias que percorreron o territorio da nosa biblioteca.

Visita á Casa De Hortas en Outeiro

O pasado 5 de maio fomos a Outeiro de Rei, patria de Manuel María de Hortas. Alí, na súa casa, na sede da Fundación que leva o seu nome, achegámonos a esta figura senlleira da nosa cultura. Este ano 2016 é o ano de Manuel María, pero nós pedimos e queremos que tódolos anos sexan anos para lembrar, para escoitar, para ler, para estudar...a este xigante das nosas letras. Grazas Manuel María por todo o que nos deixaches, por todo o que loitaches e por todo o que nos aprendeches... por todo, grazas.

                                    

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

Distribuir contido