Bioloxía

Clube de ciencia


 A compostaxe é un proceso que historicamente se realiza en todas as casas de labranza galegas. Non obstante, os procesos físico-químicos e biolóxicos que esconde soen ser grandes descoñecidos. Por iso, dende o Club de Ciencias puxemos en marcha o proxecto "Compostando ciencia" que estudar este proceso, precisamente para poñelo en valor nun momento en que a xestión de residuos e a economía circular ocupan un lugar central no debate sobre os modelos produtivos e de consumo.

Ademais do rexistro de variables físico-químicas para caracterizar a evolución do proceso, trataremos de comprobar se compostos como o papel e o cartón, as cascas de froitos secos ou as bolsas de supermercados son verdadeiramente compostables ou se os acelerantes naturais (como as borras do café) teñen un efecto real. Ata hoxe, documentámonos sobre as tipoloxías de compostaxe, decidimos e deseñamos a instalación, elaboramos as receitas e aseguramos o suministro de aportes, tratando de simular catro sectores ou tipoloxías: dous agrarios, forestal e doméstico. O principal logro do Club foi tecer unha rede de alianzas institucionais para abastecer os compostadores cos restos da cociña do centro, o céspede que corta o concello, os desbroces forestais na contorna ou as borras de café da sala de profesores, entre outros. Posta en marcha a compostaxe, en adiante comezamos coa ciencia!

 

No tino grandío o monte está vivo

O día 27 de febreiro celebramos unha xornada moi especial dentro do plan Proxecta: O monte vivo.

 Este é o programa:

9,45: Relatorio a cargo de investigadores da USC

10,30: Visita ó  onte Faro (Chantada)

11,30: Actividades en solos afectados polos lumes

16,00: Visita a viñedos e proceso de fabricación do viño na adega Vía Romana

Visita á Escola Politécnica

O alumnado de 4º da ESO asistiu a unha práctica de cultivos in vitro na Escola Politécnica de Lugo.

Distribuir contido