Lingua Galega

Recital de poemas de Rosalía de Castro

No Tino Grandío continuamos coa celebración das nosas letras. Nesta ocasión, o alumnado de ESO ofreceunos un fermoso recitado con versos da nosa poeta máis universal: Rosalía de Castro. Grazas a tod@s.

Festexamos as nosas letras con Mini e Mero

Este ano escollemos unha maneira especial de celebra-las nosas letras. Para iso, contamos coa colaboración de Mini e Mero que nos ofreceron un fermoso concerto nun tamén fermoso escenario: O Mosteiro de Ferreira de Pallares.

Grazas aos que fixeron posible este inesquecible día.

E para compartilo con tod@s, deixamos un breve video, resumo das moitas sensacións vividas.

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

Visita á Casa De Hortas en Outeiro

O pasado 5 de maio fomos a Outeiro de Rei, patria de Manuel María de Hortas. Alí, na súa casa, na sede da Fundación que leva o seu nome, achegámonos a esta figura senlleira da nosa cultura. Este ano 2016 é o ano de Manuel María, pero nós pedimos e queremos que tódolos anos sexan anos para lembrar, para escoitar, para ler, para estudar...a este xigante das nosas letras. Grazas Manuel María por todo o que nos deixaches, por todo o que loitaches e por todo o que nos aprendeches... por todo, grazas.

                                    

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

Distribuir contido