Localización

Para atoparnos...

Estamos no Concello de Guntín, provincia de Lugo. A nosa dirección é: CPI Tino Grandío Estrada s/n 27211 Guntín.

Para chegar ao noso centro vindo dende Lugo pola estrada de Santiago, saíndo xa do pobo de Guntín, á esquerda atopamos unha estrada xusto ó carón dunha gasolinera. Collemos esa estrada, pasamos o Centro de Saúde, que está na marxe dereita, continuamos uns poucos metros e á esquerda xa está o noso centro.

Na actualidade impártense clases de Educación Infantil, Primaria e ESO; hai ó redor de sesenta alumnos en educación infantil e primaria, e cincuenta na ESO. Estamos a sufrir un descenso moi considerable na matricula porque ó estarmos situados nun núcleo rural, estamos supeditados a sufrir as consecuencias dunha poboación envellecida, unha tasa de natalidade moi baixa...

A maior parte do alumnado é transportado e, polo tanto, benefíciase do servizo de comedor no centro.

Para máis información chamar ao 982870363. 

 cpi.tino.grandio@edu.xunta.es 

 

Distribuir contido