Novas de interese

Clube de lectura

O clube de lectura do CPI Tino Grandío comeza a súa adaina neste curso 2016/2017. E faino coas primeiras xuntanzas programadas para estes días. Concretamente, a de ESO celebrarase o mércores 6 de outubro, e a de 6º de Primaria terá lugar o mércores 19.

No caso do grupo de adultos a data escollida é na derradeira semana de outubro. Nesta ocasión, o título escollido é: Donde aúllan las colinas, do autor lucense Francisco Narla. Aproveitamos esta ocasión para animar a tódalas familias a que se unan a este clube de lectura. Para calquera dúdida ao respecto, podedes chamar ao teléfono do centro: 982870363. A persoa de contacto é Silvia. Grazas a tod@s.

Benvid@s!!

Hoxe 12 de setembro comezou no CPI Tino Grandío o curso 2016/2017. Por iso queremos darlle-la benvida a tódolos nenos e nenas que forman parte desta comunidade educativa, especialmente aos que se incorporan por primeira vez. Benvida a: Alba, Sofía, Suevia, Ares, Manuel, Dana, Aroa, Brian...

Benvida tamén aos profesionais, aos que permanecen e aos que se unen neste curso.

Benvida a tódolos alumn@s que, o xoves 15, comezaronn as súas clases na ESO. Daquela estamos case tod@s. E entre tod@s, poñeremos o máximo empeño en crear espazos onde cada persoa atope tódalas oportunidades para medrar cada día.

BENVID@S!!

Excursión da ANPA a Monforte

Deixámosvos unhas fotos da viaxe da ANPA ó Museo do Ferrocarril de Monforte de Lemos.


1.jpg4.jpg3.jpg2.jpg

Mercado Solidario no CPI Tino Grandío

Hoxe 1 de xuño inaugúrase no noso centro un Mercado Solidario de produtos aportados polo alumnado. Todo o recadado será doado a ACNUR (Axencia da ONU para os refuxiados). Grazas a tod@s os que fixeron posible este proxecto, e a tod@s os que colaboran coas súas aportacións.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Horario lectivo mes de xuño

Como ben sabedes, o horario do mes de xuño é diferente ao do resto do curso.

  • Entrada: 09:50
  • Xantar:14:30
  • Saída dos autobuses: 15:00

Visita de ACNUR e Mercado Solidario

O vindeiro 2 de xuño ás 10 da mañá teremos connosco a un representante de ANUR que nos falará das accións que levan a cabo a prol dos refuxiados. Este acto enmárcase dentro dunha campaña de recollida de fondos no noso centro, a través dun Mercado Solidario que permanecerá aberto do 1 ao 20 de xuño, no horario do recreo.

Visita á Casa De Hortas en Outeiro

O pasado 5 de maio fomos a Outeiro de Rei, patria de Manuel María de Hortas. Alí, na súa casa, na sede da Fundación que leva o seu nome, achegámonos a esta figura senlleira da nosa cultura. Este ano 2016 é o ano de Manuel María, pero nós pedimos e queremos que tódolos anos sexan anos para lembrar, para escoitar, para ler, para estudar...a este xigante das nosas letras. Grazas Manuel María por todo o que nos deixaches, por todo o que loitaches e por todo o que nos aprendeches... por todo, grazas.

                                    

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

Día Mundial Contra o Acoso Escolar

Cada 3 de maio celébrase o Día Mundial contra o Acoso Escolar. Dende o noso centro rexeitamos calquera tipo de violencia, ese día e tódolos días do ano.
Ademais do traballo que día a día fan os docentes nas aulas, a través da educación en valores, levamos a cabo actuacións específicas como o TEI, Programa de Titoría entre Iguais na ESO, que capacita aos alumnos/as para detectar situacións de acoso escolar e mediar.


Máis info en:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/05/02/dia-mundial-contra-acoso-escolar-clase-me-llaman-margi/00031462203062086915575.htm

Distribuir contido